Barcelona, primeira capital europea da innovación

Tras recibir case 60 propostas -soamente podían presentarse as cidades da Unión Europea con máis de 100.000 habitantes- Barcelona foi proclamada gañadora polo “uso de novas tecnoloxías para o beneficio e servizo dos seus cidadáns”, segundo explicou Máire Geoghegan-Quinn, comisaria europea para a Investigación quen cualificou de “xusta” esta elección final.

O Premio á Capital Europea da Innovación pretende recoñecer á cidades que impulsan a innovación para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e recompensa á cidade que estea a crear o “mellor ecosistema de innovación” poñendo en contacto á cidadanía, organismos públicos, o mundo académico e as empresas.

Os 500.000 € do premio destinaranse a reforzar os esforzos da cidade por expandir a innovación, como a creación dun Open Data capaz de xestionar e obter datos sobre a actividade urbana da cidade.

(Fonte: EFE)