Bankia lanzou Inveinte, unha ferramenta gratuíta para que as empresas poidan identificar as axudas oficiais ás que poden acceder para desenvolver os seus proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación. Este servizo de asesoramento está dispoñible na web www.inveinte.es e para utilizalo non é necesario ser cliente da entidade.
A ferramenta analizará o proxecto de innovación que se someta á súa consulta e responderá se este se axusta aos requirimentos dos programas de axudas oficiais, xa sexa de carácter europeo, nacional ou autonómico, identificando aquelas ás que se podería presentar.
A empresa interesada só terá que cubrir un formulario que está dispoñible na web e despois chegaralle un informe cunha análise completamente personalizada sobre as axudas oficiais ás que pode presentar o seu proxecto de innovación.
Os encargados de realizar esas análises son profesionais especializados, independentes da entidade financeira, que asinou acordos con varias consultoras especializadas para esta finalidade.
(Fonte: Innovamás)