A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas para mellorar o equipamento dos centros tecnolóxicos e os de apoio á innovación mediante a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade co obxectivo de desenvolver unha I+D punteira.
O obxectivo desta liña de apoio, que dá continuidade a unha primeira convocatoria publicada en 2018 e dotada con 5 millóns de euros cofinanciados a través do programa Feder Galicia 2014-2020, é mellorar a excelencia investigadora dos centros tecnolóxicos e os seus labores de transferencia ao tecido produtivo a través de servizos innovadores que melloren a súa competitividade.
O tipo de infraestruturas subvencionable é equipamento científico e técnico así como programas e aplicacións informáticas de carácter especializado e técnico, que teñan efecto incentivador. O presuposto mínimo de cada proxecto será de 100.000 euros e a axuda pode alcanzar o 50% do total.
Fonte: El Correo Gallego