Avións híbridos para este ano

A NASA non só desenvolve naves para ir ao espazo máis alá da órbita terrestre, algo moi visible no seu proxecto de avión híbrido. E segundo parece, comercialmente non está tan lonxe como se poida pensar, e é que este mesmo ano se probarán avións híbridos en voos con pasaxeiros. Reducir custos é a grande obsesión das liñas aéreas, e polas estimacións que fixeron poderíanse aforrar 50.000 toneladas anuais.

O sentido da cifra escóndese na cantidade que actualmente emprega un avión nas manobras anteriores ao despegue, é dicir, cando aínda está en terra, nas que se emprega, á súa vez, un 4% do total de combustible que se consume ao ano.

É neses casos onde entraría en xogo un sistema de células de hidróxeno que se recarga de tres maneiras, sendo a máis importante a que recolle enerxía que se produce no proceso de freado e co movemento das rodas. Por outra parte hai un tanque de auga que se une con aire e crea un composto electroquímico, que se emite máis tarde como auga que non contamina, polo que mesmo se pode usar nas cisternas do propio voo. Por último, unha capa fotovoltaica na parte superior tamén recarga para que o avión se enfronte con máis solidez ás tarefas de terra.

Cun proxecto de avión híbrido como o proposto, afórrase e mellórase en moitos máis ámbitos que o da eficiencia. Redúcese moito a contaminación acústica, como nos coches híbridos ou eléctricos, e redúcese exponencialmente a emisión de residuos contaminantes á atmosfera, nun momento no que iso vai ser crucial.

(Fonte: EP)