Autónomos e pemes de Galicia poderán solicitar novas axudas financeiras

Está aberto o prazo para que autónomos e pemes da comunidade soliciten novas liñas de axudas financeiras. A ventaniña permanecerá aberta até o 29 de setembro e iranse concedendo as subvencións até esgotar o crédito. Nesta ocasión, a Consellería de Economía porá a disposición dos negocios préstamos e garantías cos que espera apontoar unhas 750 operacións valoradas nuns 60 millóns de euros. E farao a través dun convenio de colaboración entre o Igape, as sociedades de garantía recíproca (SGR) e bancos.

O obxectivo das axudas é facer fluír o financiamento cara ao tecido empresarial galego nun contexto económico marcado pola crecente restrición do crédito e o encarecemento dos préstamos. Desta forma, todos os interesados poderán solicitar acceso a préstamos a longo prazo «para financiar tanto investimentos produtivos como circulante estrutural, dando a posibilidade tamén de aplicar os fondos ao pagamento e reestruturación de débedas con entidades financeiras», explican. Tamén se habilitarán garantías e avais fronte a terceiros.

Fonte: La Voz de Galicia