Aukor compra a mexicana Mangra para expandirse en Latinoamérica

A empresa galega Aukor, con sede en Tecnópole, acaba de adquirir a sociedade Mangra México, dedicada a enxeñería en dosificación e ao control de procesos en plantas industriais. Esta firma radicada en Jesús María, a segunda cidade do estado de Aguascalientes, ten 30 empregados, acumula doce anos de experiencia no sector e suma unha facturación anual de 8 millóns de dólares (6,2 millóns de euros).

n
n

nAdemais de conseguir os activos (nave, oficinas e loxística) de Mangra en pleno Parque Tecnolóxico de Aguascalientes, Aukor asegúrase con esta operación a actividade inmediata e a incorporación dunha carteira de clientes na que se atopan grandes grupos industriais do país.
n
nO plan de negocio contempla a expansión dende México a un mínimo doutros cinco mercados de Latinoamérica (Panamá, Venezuela, Perú, Brasil e Chile). O obxectivo pasa por dobrar en 2014 a actual cifra de vendas de Mangra, para xerar uns ingresos de 11,6 millóns de euros. Baixo propiedade galega, a empresa xa opera coa súa nova razón social, Aukor México Automation.
n
nA finais de abril, entregará a robotización dunha cadea de montaxe na factoría do grupo Volkswagen en Querétaro. Alí a tecnoloxía galega de Aukor permitiu instalar unha banda de 90 metros para o transporte de carrocerías, con complexas regulacións debido á tonelaxe das pezas xa as esixencias de alimentación.
n
nA carteira de pedidos tamén inclúe operacións co líder de porcino en Latinoamérica, co primeiro produtor de ovos de Centroamérica e co provedor mexicano de McDonald's. O contrato con Proan está relacionado co sistema pioneiro que Aukor desenvolveu para a industria agroalimentaria e que, entre outros parámetros, logra un permanente control de proteínas na alimentación animal.
n
nPola súa banda, o acordo co líder sectorial Huevo San Juan, cifrado en 2,5 millóns de dólares, busca o aumento de capacidade de produción nas súas plantas clasificadoras e envasadoras. E a través de Ugasa, a empresa galega asume a robotización dos procesos de envasado e empaquetado de todas as hamburguesas que McDonald´s comercializa en México e en grandes áreas de consumo do sur de Estados Unidos. Ademais, logrou a adxudicación de dous proxectos de Bimbo México e un de Panovo Alimentaria, este último para unha planta que produce 19.000 unidades por hora de "donas" de fermento.
n
nNos tres últimos anos, a cifra de negocio do grupo ofrecera niveis de estabilidade, ao moverse sobre un rango de 9 millóns a 10,5 millóns de euros. Ademais, 2013 arrancou con sorprendente forza: "A estas alturas xa case cubrimos os custos de todo o exercicio no mercado nacional, pero non sabemos que acontecerá no futuro. Por iso apostamos polo salto exterior e duplicar Aukor en América", razoa Carlos Sampayo, o seu director xeral.

n

nEn todo este proceso, a maior dificultade é a contratación de enxeñeiros, polas rotacións e pola mobilidade dos traballadores locais.
n
nO mercado árabe xera 6 millóns
n
nXunto con Latinoamérica, o mercado árabe tamén alcanzou a categoría de foco estratéxico para o grupo ourensán. Dentro do sector agroalimentario xa concluíu a instalación de sistemas de automatización en catro complexos industriais situados en Turquía, Túnez, Libia e Marrocos. E en dous casos -Turquía e Túnez- é a empresa mellor posicionada para a adxudicación da segunda fase dos concursos.
n
nEn total, estes seis proxectos xeran un volume de ingresos de 6 millóns de euros. "Comezamos a sondar os mercados internacionais de Europa, de América e do mundo árabe para aumentar o horizonte da empresa, porque desconfiabamos da sustentabilidade do mercado interno, pero en México esa sondaxe converteuse nunha grande oportunidade", resalta Carlos Sampayo, director xeral de Aukor.
n
nA estrutura do grupo está formada por catro sociedades, incluída a nova Aukor México. A matriz é Aukor Automatización e Control Industrial. Passg Ingenieros concentra a I+D+i e Carlos Sampayo SL a montaxe.
n
n(Fonte: Expansión)

n