Os reitores das tres Universidades galegas asinaron recentemente o convenio de colaboración para a constitución do Consorcio Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI). Este consorcio supón un fito importante de agregación de recursos entre as tres universidades para promover a transferencia da tecnoloxía matemática e dar respostas eficaces e áxiles ás demandas das empresas, das industrias e das administracións públicas.
n
n
nA súa principal misión consistirá en contribuír ao fortalecemento e potenciación da competitividade no ámbito industrial e empresarial, apoiar a innovación no sector produtivo mediante o logro da excelencia na investigación, e o desenvolvemento de tecnoloxía matemática avanzada orientada á transferencia á industria.
n
nITMATI está promovido por once investigadores pertencentes a nove grupos de investigación en Matemática aplicada, Estatística e Investigación Operativa, das tres universidades galegas. O equipo de promotores conta con ampla experiencia e recoñecido prestixio no desenvolvemento de solucións para o mundo da empresa, ben de forma autónoma, ou en colaboración coas propias empresas, ou con equipos doutras áreas de coñecemento.
n
nA creación e posta en marcha do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial é un paso máis para a consolidación do posto de liderado que actualmente ocupa a Matemática Industrial galega. Esta posición é recoñecida tanto a nivel nacional como internacional, grazas ao intenso traballo de transferencia de tecnoloxía a empresas e outros axentes de todos os sectores produtivos, realizada ao longo dos últimos 20 anos polos grupos de investigación galegos promotores de ITMATI. Deste modo, afiánzase e potencia o polo de Matemática Industrial en Galicia como un referente a nivel estatal e internacional, incrementando exponencialmente o impacto sobre as empresas, o que permite dar un salto cualitativo e cuantitativo medible en termos de investimento empresarial en I+D+i.
n
nPara a alcanzar os seus obxectivos ITMATI fará unha grande aposta polo capital humano contando cunha organización orientada ao ámbito empresarial e industrial, para dar unha resposta áxil e eficiente ás súas necesidades. ITMATI contará, ademais de persoal científico, de persoal especializado na xestión de proxectos e a transferencia de tecnoloxía e innovación. Desta forma, optimízase a transmisión do coñecemento xerado nas universidades no ámbito da matemática industrial para a súa aplicación nos sectores produtivos.
n
n(Fonte: ITMATI)