As TIC para discapacitados supoñen un volume de negocio de 1300 millóns

As Tecnoloxías da Información e a Comunicación supoñen un mercado potencial por valor de 1300 millóns de euros segundo se desprende do informe 'Mercado e oportunidades de negocio das TIC accesibles en España' da Fundación Centro Nacional de Tecnoloxías da Accesibilidade (CENTAC).

n
n

nO documento sinala que o gasto medio das persoas con discapacidade en produtos e servizos TIC é un 25% superior á media xeral. Ademais, o grao medio de discapacidade das persoas de máis de 65 anos (o 17,4% da poboación) varía entre o 44% e o 70%.
n
nPor outra parte, estima que, en 2049, a porcentaxe de poboación maior de 65 anos será do 31%, polo que conclúe que "as TIC para as persoas con discapacidade e os maiores constitúen un mercado con grandes oportunidades de negocio".
n
nO obxectivo do estudo é, por un lado, mostrar as posibilidades de investimento para estimular as empresas a investir no desenvolvemento de tecnoloxías accesibles. Por outra banda, pretende axudar a mellorar a operativa das empresas do sector a través da proposta dalgunhas liñas de actuación ou recomendacións.
n
n(Fonte: Innoticias)

n