As TI da saúde crecerán máis dun 7% ata o ano 2022

Un informe da consultora IDC Research España pon de manifesto que, ata o ano 2022, as TI da saúde crecerán de xeito exponencial, movendo no noso país uns 18.470 millóns de euros.

A sanidade é un dos focos máis importantes da nosa sociedade. Revisala e analizala é imprescindible para a súa mellora. Unha realidade sobre a que, tal e como demostra o último informe da consultora IDC Research España, o noso país ten un futuro de crecemento exponencial no que ao mercado das TI se refire.

En primeiro lugar, IDC resalta que, aínda que a adopción de sistemas cognitivos se atopa nunha fase de inicio en España, o desenvolvemento de plataformas de SW cognitivo alcanzará unha suba do 7,1% ata o próximo ano 2022.

Seguidamente, os resultados desta consultora sitúan a mellora da experiencia dixital dos pacientes como o principal reto a desenvolver no marco sanitario. De xeito especial, IDC pon o foco sobre o perfeccionamento da devandita experiencia nos hospitais. Un dato curioso se se compara co 50% de provedores de saúde que aseguran ter como prioridade o investimento destinado a mellorar a experiencia dos pacientes.

Cifras que levaron a IDC Research España a considerar indispensable organizar e tramitar as distintas infraestruturas e servizos de TI para garantir unha correcta xestión dos datos do paciente.

A adopción da analítica avanzada chegará en 2019

A importancia dos datos ponse tamén de manifesto no ámbito sanitario. A necesidade de adoptar a analítica avanzada como parte do seu día a día chegou a máis da metade das organizacións sanitarias que xa empregan a tecnoloxía cloud nun 25% dos casos, social nun 69% e apps de telefonía móbil nun 25%.

Como IDC asegura, dedicar recursos para apoiar o acceso, intercambios e análise sobre a realidade para usalo dentro das organizacións é un dos principais retos que afrontan tanto hospitais como provedores de saúde.

O GDPR chega á saúde

O informe da consultora sitúa o cambiante panorama da seguridade IT na saúde sobre catro puntos fundamentais: o aumento en superficie de ataque e perda de perímetro, o control sobre os sistemas legacy, o problema de “Appificación” e asegurar os dereitos dos pacientes.

É sobre a privacidade dos pacientes onde a normativa GDPR fixo a súa aparición para traer consigo novos requirimentos e dereitos. A responsabilidade activa, a protección dende o deseño e por defecto, a avaliación do impacto, os códigos de conduta, ou a notificación de brechas en 72 horas, son só algúns destes novos dereitos.

(Fonte: Thinking Big)