O sector dixital pechou 2022 cun balance moi positivo en materia laboral. Nun informe de ManPowerGroup especifícase que de cara a 2025 poden chegar a xurdir ata 97 millóns de postos de traballo novos en IA, economía verde e economía da atención en Europa pola “tendencia de transformación dixital en todos os sectores produtivos e a vontade dos organismos institucionais de dar un empuxón a estas profesións”.
Entre as tendencias do sector dixital para 2023 está o freo no crecemento do mundo Crypto e o Metaverso: fenómenos como a subida dos tipos de interese dos bancos centrais e os recentes vaivéns e polémicas no mundo crypto provocaron que moitos investidores dean un paso cara atrás. Facebook é o único grande actor que continuará investindo no metaverso, e iso pode supoñer un freo considerable na evolución de profesións como o desenvolvemento web.
O traballo en remoto non terminará de despegar e consolidarase a modalidade híbrida. En canto ao aumento de soldos, segundo o informe, o 95% das empresas aumentarán o soldo dos seus traballadores neste sector. Con todo, o freo na contratación pode provocar un parón no crecemento, pode facer que haxa menos ofertas totais, menos demanda de profesionais e, por tanto, menos presión sobre os soldos.
Por outro lado, os traballadores empezan a priorizar a sustentabilidade: dispoñer dunha política responsable co medio ambiente e outros factores sociais será clave para atraer certos perfís. E haberá moita demanda das seguintes profesións: eCommerce managers, deseñadores UX/UI, product managers, project managers digitals, expertos de SEO técnico, desenvolvedores en Intelixencia Artificial e account managers dixitais.
Fonte: ECO