As startups españolas con máis futuro

A empresa española From the Bench acaba de conquistar a un dos socios máis desexados e difíciles do mundo: a NBA. E fíxoo grazas ao seu xogo para móbiles NBA General Manager, unha aplicación oficial da liga de baloncesto estadounidense. Dende o seu lanzamento en outubro, acumula case 200.000 descargas.

n
n
Akamon, empresa que desenvolve xogos sociais é outra das estrelas na Rede en España, o mesmo que Social Point, que recibiu unha inxección de 2,8 millóns de euros, e que espera pechar 2013 cunha facturación próxima aos 16 millóns de dólares.

En España xorden novas webs sociais que atopan nichos de especialización. Por exemplo, en consumo colaborativo destaca Alterkeys. Ou nas redes sociais sectoriais sobresae Habitissimo, consagrada aos autónomos do sector da construción. Teambox, o xestor de tarefas para empresas, crece a un ritmo do 300% ao ano.

Algo parecido acontece co comercio electrónico, onde no sector da moda, con Privalia, segue sendo a xoia da coroa. Precisamente, é no ecommerce onde existe maior número de apostas. Non é casualidade que en España, se sucederan varios casos de éxito na venda de entradas online. Primeiro foi Atrápalo e agora tomaron o relevo Ticketea e Ticketbis, esta última especializada na revenda.

Outras startups que consagraron no mercado son: Spotbros (o Whatsapp español); Libelium, fabricante de sensores cloud e Gigas, dedicada aos servizos de hosting na nube.

(Fonte: Innovaticias)