As pemes galegas só aproveitan 40% do potencial dos seus empregados

As pequenas e medianas empresas galegas soamente sacan partido ao 40% do potencial dos seus empregados, sendo aquelas que aproveitan o seu talento organizativo as “mellor posicionadas”, segundo a tese doutoral realizada pola investigadora María Isabel Álvarez, da Universidade de Vigo.

A autora deste traballo explicou que, atendendo aos beneficios para a empresa, potenciar o talento afecta positivamente á mellora da rendibilidade económica das organizacións, independentemente do seu tamaño ou antigüidade, e aumentando as garantías sobre a continuidade no tempo deste fenómeno.

Segundo matiza, o aproveitamento do talento favorece ademais a integración do empregado, non solo na estratexia e cultura da compañía, senón no resto de sistemas e procesos creando “talento organizativo” de forma automática e constante.

De feito, co modelo explicativo dos resultados sustentables en función do talento que propón, a investigadora é capaz de explicar o “39,3% da rendibilidade económica sustentable das pemes”.

A pesar de todo, recoñece que existen empresas que si traballan para poñer en valor o potencial humano, as “mellor posicionadas” e cuxos datos foron interpretados pola investigadora como reveladores de que “o talento persoal é a condición necesaria” para a creación de valor”.

(Fonte: Noticias Galicia)