As pemes de Tecnópole poderán optar ás axudas contempladas en tres programas que a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) desenvolverá coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).
n
n
nA pertenza de Parque Tecnolóxico de Galicia a FEGAPE fai posible que as empresas poidan beneficiarse de proxectos de desenvolvemento de negocio asumindo soamente o 10% do seu custo.
n
nA primeira iniciativa denomínase 'Normainnova' e ten como obxectivo a implantación e certificación de Sistemas de Xestión da Innovación na peme de acordo á Norma UNE 166002 de Sistemas de Xestión da I+D+i. O proxecto inclúe formación, implantación e certificación da mesma e ten un gran interese non só por ser un sistema integrable coa ISO 9001 e que achega un procedemento de xestión da innovación na empresa, senón polas bonificacións fiscais que a súa implantación supón de acordo coa Lei de Economía Sustentable.
n
nPola súa banda, 'Optimiza' ten como obxectivo a implantación na peme das técnicas Lean e Kaizen de optimización de custos na empresa, un tema de moita actualidade polo seu impacto positivo nas contas de resultados anuais.
n
nPor último, o proxecto 'Branding Peme', de deseño de novos produtos, está dirixido a pemes que queiran desenvolver un novo produto e lanzalo ao mercado ou ben revisar algún xa existente que non ten nestes momentos o éxito esperado, e tras revisalo, volvelo a pór no mercado. Este proxecto de deseño de novo produto inclúe o diagnóstico, a definición, naming, packaging, plan de comunicación, presentación e lanzamento ao mercado e redes sociais.