n
n
A presentación de solicitudes de patentes e rexistro de marcas a nivel mundial aumentou o ano pasado por enriba da recuperación da economía segundo se desprende dos datos presentados pola Organización Mundial da Propiedade Intelectual (OMPI) acerca do ritmo de presentación de solicitudes para a inscrición de patentes, marcas e deseños industriais en 2010 e nos primeiros nove meses de 2011.
n
n
n
n
n
n
O fenómeno sobresae especialmente en Estados Unidos e China pero tamén en países de Europa como Alemaña, Francia ou Reino Unido que superaron con creces as expectativas. En España aumentou un 13% o rexistro de deseños segundo o informe.
n
n
As últimas estimacións calculan que as actividades de investigación e desenvolvemento, a fonte da propiedade intelectual, terán en 2012 unha marcha positiva, cun crecemento estimado do 5%, especialmente procedente de USA e China.
n
n
Aínda que as cifras de 2010 que distribuíu esta axencia da ONU mostran que China e Estados Unidos marchan á cabeza da innovación, os países de ingresos medios presentan rexistros significativos. Segundo o director xeral da OMPI, Francis Gurry, nesa categoría de nacións, pertencentes en xeral ao mundo en desenvolvemento, figuran algunhas que melloraron o seu comportamento na área da investigación e o desenvolvemento.
n
n
Gurry citou a Brasil, India, Turquía, Malaisia e, por suposto, a China, numero un na lista dos países máis activos en rexistros da propiedade intelectual desenvolvida por cidadáns ou empresas.
n
n
Na escala da actividade en propiedade intelectual efectuada por residentes no país, figura China á fronte das tres variedades: patentes, marcas e deseño. Ségueno as maiores nacións industrializadas, mentres que India pecha o primeiro grupo de dez países. Turquía lidera o segundo grupo, seguida por España e Brasil. O resto son nacións ricas do Norte. No terceiro chanzo aparecen Thailandia, México e Arxentina mesturados con nacións industrializadas.
n
n
O informe da OMPI consigna que, tras caer en 2009 xunto coa maior parte da propiedade intelectual mundial, as solicitudes de patentes recuperáronse o ano pasado en economías de ingresos medios e baixos, como Colombia, Filipinas, Ucraína e Vietnam, onde se rexistraron aumentos do 10% e máis. No panorama global, toda a actividade da propiedade intelectual se recuperou en 2010, cun crecemento do 7,2% en patentes, do 11,8% en marcas e do 13% en deseño industrial.
n
n
Gurry destaca que o 80% da recuperación proveu de Estados Unidos e, en especial, de China. Nese ano, a achega chinesa á propiedade intelectual creceu un 24,3%. Hai que ter en conta que durante a pasada década, esa actividade tivo unha taxa anual do 22,6%.
n
n
En 2001, o número de solicitudes de inscrición de patentes en China foi de 63.000, mentres que en 2010 ascendeu 390.000. Unha diferenza extraordinaria para só unha década, segundo Gurry.
n
n
Gurry explicou que as marcas representan novos produtos ou empresas. En calquera dos dous casos existe unha correlación directa entre as marcas e o número de novos produtos no mercado ou de novas compañías en operación. En consecuencia, as marcas son un indicador dinámico da riqueza dun país, dixo. Por iso, cando aparece unha taxa de crecemento de marcas de case o 12% en 2010, significa que a economía se estaba a recobrar.
n
n
Respecto a 2011, e sen dispoñer aínda dos datos das oficinas nacionais, a OMPI estima que nos primeiros nove meses do ano se rexistrou un crecemento significativo na actividade da propiedade intelectual. No caso das solicitudes de inscrición de patentes, aumentarían ao redor dun 10%. Á súa vez, o aumento das solicitudes de inscrición de marcas estaría arredor do sete por cento.
n
n
O director da axencia da ONU comentou que nas economías máis avanzadas se observa un incremento dos investimentos en bens intanxibles, como a propiedade intelectual.
n
n
(Fonte: Innovaspain)
n
n
n
n