En primeiro lugar, todos os seus edificios terán teitos solares. Para as necesidades de electricidade restantes, esta virá de parques eólicos ou granxas solares construídas nos terreos estremeiros ás Teslacities e se fose posible, tamén se empregarán a enerxía xeotérmica e a hidroeléctrica.
Co fin de ter sempre unha subministración continua de electricidade sen ter que depender das condicións climáticas ou do momento do día, instalaranse senllos e innovadores paquetes de baterías (Tesla Powerpacks e Powerwalls).
Os residentes da cidade que elixan conducir deberán de optar por coches eléctricos 100%, aínda que non necesariamente terán que adquirir os modelos que ofrece Tesla, senón contarán coa liberdade de comprar a marca e modelo que lles apeteza.
Tamén se implementarán minibuses eléctricos autodirixidos, tranvías e subterráneos para certas rutas, aínda que a idea de Musk é que a xente camiñe ou empregue a bicicleta como medio de desprazamento habitual, polo que planea que os núcleos urbanos resulten seguros para tal fin.
Unha forma diferente de urbanizar
Xa se fala dunha nova corrente coloquialmente chamada Urbanismo Elonizado, que pretende que o uso da terra se mesture de forma que siga certas pautas estéticas, pero que logre unha harmonía sustentable entre o gobernamental, o residencial, o comercial, etc.
Os centros industriais terán que ser parte da solución aos desafíos críticos da sociedade e cinguirse a estritas pautas de seguridade e protección medioambiental. Non obstante, aínda non está claro como se avaliará a concesión de permisos para tales usos.
Para as entregas dentro do centro urbano espérase poder empregar innovadores robots e drons, para aforrar en custos e probar e desenvolver máis hardware e software, que Elon Musk quere usar para outras aplicacións en Tesla e SpaceX.
Empresas como FedEx e UPS simplemente encargaranse de entregar os seus paquetes aos centros de distribución, dende onde os repartidores de TeslaCities se farán cargo de facelos chegar aos seus destinatarios.
Por outra banda, sábese que moitas celebridades, entre elas o propio Musk, xa fixeron as súas reservas para vivir nas Teslacities. A pregunta que moitos se fixeron é a seguinte: ¿as TeslaCities de Elon Musk utilizarán a rede Hyperloop? Parece que algunhas o farían, pero aínda non se deron detalles específicos ao respecto.
(Fonte: Agencias)