As fachadas máis emblemáticas das cidades galegas serán o xigantesco taboleiro de xogo dun concurso popular de preguntas científicas

Cinco cidades galegas serán o escenario este mes de decembro de Big Ciencia, un novidoso concurso popular sobre ciencia e innovación que converterá as fachadas dos edificios máis emblemáticos das cidades galegas en xigantescos taboleiros de xogo.

n
n

nO obxectivo desta actividade, promovida pola Axencia Galega de Innovación (Gain) coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), é sacar a I+D+i dos laboratorios e dos despachos por unhas horas para que os galegos e galegas convivan con ela dun xeito ameno e divertido nas rúas da súa cidade.
n
nEsta acción de divulgación científica promete non deixar indiferente a ninguén grazas a un espectacular e innovador formato, xa que combinará en plena rúa o concepto clásico de xogo de coñecementos coa proxección arquitectónica de gran formato.
n
nA capital galega será a primeira urbe na que se celebrará Big Ciencia o próximo 11 de decembro, na Praza do Obradoiro. A xira continuará o día 13 na Coruña, o 14 en Lugo e o 20 en Ourense, e rematará o 21 en Vigo. O concurso tomará así as principais rúas das cidades durante as vésperas de Nadal e nel poderán participar todos os cidadáns que se animen a medir os seus coñecementos fronte a un rival.
n
nUnha tecnoloxía que fará grande o concurso
n
nA gran novidade de Big Ciencia radica en que o taboleiro de xogo, no que se proxectarán a grande escala as preguntas e as respostas, será a fachada dun céntrico edificio da cidade na que se estea a levar a cabo o evento, o que converterá cada acción en única.
n
nIsto será posible grazas ao uso da proxección arquitectónica de gran formato, unha técnica ata o momento reservada a actividades de carácter artístico e que permitirá a Big Ciencia crear un novo concepto de divulgación científica totalmente innovador e de grande impacto visual.
n
nAdemais, todos os interesados nesta tecnoloxía audiovisual terán a posibilidade de coñecela de preto nun taller práctico que se realizará nas cinco cidades galegas nas horas previas ao concurso.
n
nPara todos os públicos
n
nA mecánica de Big Ciencia será moi sinxela co obxectivo de facela accesible para todos os públicos, independentemente do seu nivel de coñecementos.
n
nO concurso botará a andar no momento no que dúas persoas se sitúen ante os interruptores e a xigantesca pantalla. As preguntas serán tipa test e os participantes deberán elixir a resposta correcta de entre catro posibles, contando coa axuda dos espectadores para facelo. Precisamente este comodín do público fomentará a participación de todos os asistentes ao concurso, que ten o obxectivo de enganchar dende un principio dada a súa axilidade. Tras tres fases eliminatorias, coñecerase o nome do gañador.
n
nPero Big Ciencia non rematará o 21 de decembro en Vigo, xa que dende o blog da actividade poderase descargar un xogo dixital co que os galegos poderán seguir concursando dende as súas casas, e de paso descubrir interesantes e curiosos contidos científicos.
n
nPrecisamente ese blog está a actuar como diario de bitácora do concurso, que tamén conta cunha páxina en Facebook a través da que centenares de galegos levan semanas seguindo día a día os preparativos da iniciativa e adestrando para o día da competición na súa cidade.
n
n(Fonte: Gain)

n