As entidades galegas captan 136 millóns dun programa europeo de innovación

Galicia será a sétima comunidade autónoma en canto a fondos captados do programa marco de I+D+i da Unión Europea, Horizon2020 (H2020), no período 2014-2019. Segundo o último informe publicado polo Ministerio de Ciencia e Innovación, as entidades galegas captaron 135,6 millóns de euros a través de 132 entidades, pola participación en 321 actividades de investigación, desenvolvemento e innovación.

A falta dun ano para que remate o programa H2020, Galicia rexistra un aumento do 56 % nos fondos captados polas entidades da comunidade. Das 132 entidades que obtiveron financiamento a través do programa H2020, 84 son empresas, das cales o 84 % son pemes. O liderado desta captación de fondos foi para as universidades, cun 34,7 % dos recursos; seguidas polos centros tecnolóxicos (22,6 %); as empresas (18,6 %) e a Administración pública (11 %).

Destacan a Universidade de Santiago de Compostela, seguida de Aimen (Asociación de Investigación Metalúrxica do Noroeste) e a Universidade de Vigo.

Fonte: La Voz de Galicia