Un estudo de Esade afirma que as pemes do sector turístico dedican á partida de innovación máis do 12% do seu presuposto, máis que as grandes compañías. O informe "Innovación turística en España 2012" revela que máis do 30% das empresas enquisadas invisten bastante ou moito máis en melloras innovadoras que antes da crise.
n
n
nÁ marxe do que efectivamente destinan a esta partida, tamén aumentou o grao de concienciación dos empresarios do sector do turismo. Entre o 2000 e o 2011 o número de empresarios que lle dan máis importancia á innovación pasou do 50% ao 60%. Non obstante, só dous de cada 10 compañías ten departamentos de I+D.
n
n"A innovación non é unha moda pasaxeira, hai unha convicción xeral de que é moito máis importante en tempos de crise, e que é a única vía para saír dela", afirmou Francesc Valls, responsable do estudo. O profesor fixo especial fincapé en que son as pemes (pequenos hoteis, restaurantes, empresas de ocio), as que fan un maior esforzo neste sentido. A metade delas afirman que un 12% do seu presuposto se destina a innovación, mentres que só o 32% das grandes compañías afirman dedicar unha porcentaxe tan elevada dos seus gastos (a maioría destas dedica entre un 3% e un 6%).
n
n(Fonte: Innovamás)