n
n
As empresas tecnolóxicas aumentaron un 7,4% no período 2010-2011 en Galicia, ata rozar case as 2000, segundo a análise sobre o emprego neste sector e na economía do coñecemento elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA).
n
n
n
n
n
n
O sector tecnolóxico empregou 15.855 traballadores en 2011 na comunidade galega, case o mesmo número que en 2010 que, non obstante, achaca un descenso de autónomos. O emprego do sector TIC representou o 1,6% do total de afiliacións á Seguridade Social en Galicia durante o pasado ano o que constata que, mesmo na situación de crise actual, este ámbito mantén o nivel de emprego e mesmo incrementa as empresas, polo que se constata que é posible consolidar un sector estable laboralmente, sostén o Goberno autonómico.
n
n
A análise revela ademais que baixa a presenza de mulleres nas empresas TIC, pois en 2011 traballaron neste sector 6118 mulleres (38,5%) fronte a 9737 homes (61,5%).
n
n
Por provincias, A Coruña é a que concentra máis da metade do emprego do sector TIC, con 8570 traballadores, que representan o 54,1% do total de emprego deste sector; seguida de Pontevedra, con 4833 traballadores (30,5%); Lugo, con 1410 (8,9%); e Ourense, con 1043 (6,5%).
n
n
Este estudo inclúe así mesmo datos relativos ao sector da Economía do Coñecemento, que aglutina os sectores Tecnolóxico, de Contidos e Medios de Información, Editorial, Axencias de Publicidade e de Biotecnoloxía.
n
n
Así, en 2011 o nivel de emprego neste sector situouse nos 31.743 traballadores, case a metade do sector TIC (49,9%), o 19% da área de Contidos e Medios de Información, o 11,5% de Biotecnoloxía, un 10,6% do sector Editorial e un 9% das Axencias de Publicidade. Deles, un 80,3% cotizaron no réxime xeral e un 19,7% no de autónomos, e catro de cada dez traballadores deste sector foron mulleres.
n
n
(Fonte: ABC)
n
n
n
n