As empresas que asistan ao vindeiro “Mércores de Tecnópole” terán unha auditoría de imaxe en internet gratis

As empresas que confirmen a súa asistencia á sesión dos “Mércores de Tecnópole” do vindeiro día 15 de xaneiro recibirán de forma gratuíta un informe coa análise da súa imaxe corporativa en internet e indicacións prácticas para incrementar a súa visibilidade e mellorar o seu posicionamento na rede.

n
n

 

n

Desta maneira, a empresa de Tecnópole protagonista desta sesión do ciclo, Goal Comunicación, quere ofrecerlle aos asistentes unha visión non só práctica, senón totalmente persoalizada, do que pode aportar a creación dunha boa imaxe en internet as vendas dunha empresa.

n

 

n

Os buscadores (Google, principalmente) son os recursos máis utilizados polos internautas para buscar información. O 45% elixe o primeiro resultado do buscador e o 68% non pasa da primeira páxina. Por iso é tan importante que as empresas teñan un bo posicionamento en internet.

n

 

n

A fundadora desta iniciativa emprendedora, Alba Adá, explicaralles aos asistentes os beneficios que unha axeitada estratexia de comunicación 2.0 (redes sociais) e marketing online poden ter sobre o volume de negocio dunha empresa, con especial atención ás pemes.

n

 

n

Ademais, presentará os resultados dun estudo realizado pola empresa sobre a reputación online das empresas dos tres polígonos industriais da comarca de Ourense, no que se analiza a súa presenza en internet e a eficacia das súas estratexias de comunicación e marketing dixital.

n

 

n

Goal Comunicación instalouse hai menos de dous meses na sala de coworking do Parque Tecnolóxico de Galicia, un espazo de traballo colectivo habilitado para facilitar a actividade de profesionais independentes.

n

 

n

Esta empresa de recente creación inaugurará a primeira sesión do ano de ciclo “Os mércores de Tecnópole”, organizado pola Tecnópole para contribuír a poñer en valor a innovación das súas empresas. En cada sesión unha empresa expón as súas capacidades e diferenzas competitivas no seu ámbito de actividade co obxectivo de mellorar a súa visibilidade e o seu posicionamento no mercado.

n

 

n

No caso de empresas tan recentes como Goal Comunicación, esta iniciativa pretende darlle soporte aos emprendedores no seu posicionamento no mercado e incrementar as súas relacións empresariais e comerciais, un aspecto fundamental para a pervivencia dos negocios novos.

n