As empresas innovadoras crecen un 59% en España

O número de empresas innovadoras crece un 59% en España, segundo o estudo europeo sobre I+D+I. O Strategic Research Center de EAE Business School presentou o estudo anual "O investimento en I+D+i en España 2013", que dende hai cinco anos analiza o investimento público e privado en innovación en Europa e España. En xeral, España ocupa o posto 16º entre 27 países.

n
n

nEn 2011, o gasto total en I+D+i por español foi de 307,30 euros, un 3,07% menos que en 2010, sendo a porcentaxe de investimento total en I+D+i respecto ao PIB do 1,33%. O gasto privado en I+D+I está por debaixo de Alemaña (604 euros), Francia (438), Reino Unido (305) e Italia (177).
n
nMentres o gasto privado por habitante foi 160,30 euros (1,73% menos que en 2010), o gasto público por español ascendeu aos 59,90 euros (5,94% menos que en 2010). España ocupa a zona media-alta da táboa cunha cifra de investimento público por habitante en I+D+i máis alta que a de países como Italia (44,7 euros), Reino Unido (46 euros) ou Dinamarca (28,9 euros).
n
nO investimento en I+D+i en 2012 respecto ao PIB é do 1,33%, un 4,32% menos que en 2010. Madrid (5300 millóns), Cataluña (3400), País Vasco (1500), Andalucía (930) e Comunidade Valenciana (700), son as rexións con maiores cifras de investimento. Aínda que as que teñen mellor taxa de investimento respecto ao seu PIB son País Vasco (2,1%), Navarra (2,05%), Madrid (1,99%), Cataluña (1,55%) e Andalucía (1,33%).
n
nAs CCAA con maior intensidade de innovación son Navarra, País Vasco, Castela e León, Rioxa e Aragón, con índices de 1,43, 1,31, 1,18, 1,08 e 1,07.
n
nEn España hai 50.982 empresas innovadoras ou con innovacións en curso ou non exitosas para o período 2009-2011, un 59% máis que no período 2008-2010. Cataluña, Madrid, Andalucía, C. Valenciana e País Vasco aglutinan o 69% delas. Os sectores que concentran maior porcentaxe de empresas innovadoras son farmacia; produtos informáticos, electrónicos e ópticos; química; programación, consultoría e outras actividades informáticas; e vehículos de motor.
n
nOs países con mellor porcentaxe do PIB respecto ao seu investimento en I+D+i son Finlandia, Suecia e Dinamarca, con ratios de 3,78%, 3,37% e 3,09% respectivamente.
n
n(Fonte: El País)

n