As empresas galegas de alimentación abordarán na Tecnópole a innovación no sector nun encontro promovido pola EOI e por Economía e Industria

As empresas galegas do sector alimentario reuniranse o próximo 23 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en Ourense, para abordar a innovación e a competitividade neste ámbito. Esta xornada está organizada pola Escola de Organización Industrial EOI, en colaboración coa Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional FEDER. 
n

 

n

A Fundación EOI é unha Fundación do sector público estatal vinculada ao Ministerio de Industria, Turismo e Comercio cuxa misión consiste en formar a alumnos e profesionais en posgrao e formación continua; producir e difundir coñecemento cara á sociedade; e ofrecer servizos de apoio a empresas, emprendedores e Administracións para axudarlles a adaptarse ao futuro no contexto globalizado dunha economía social e unha economía verde nos ámbitos da industria, o medio ambiente, a innovación, as novas tecnoloxías e a xestión de coñecemento.

n

 

n

O obxectivo do encontro é estimular a innovación entre as pemes galegas do sector da alimentación. Así, difundirase entre as firmas asistentes a importancia da innovación como un proceso que permite transformar as ideas en produtos, servizos ou procesos e, ao mesmo tempo, contribúe a mellorar a produtividade empresarial. Ademais, durante a xornada promoverase o networking entre os empresarios asistentes, de cara a favorecer posibles vínculos de colaboración entre as distintas firmas.

n

 

n

Galletas mariñeiras 

n

 

n

No encontro, empresas galegas líderes no sector presentarán a súa experiencia como exemplos de boas prácticas no eido da innovación, así como os beneficios que lles ten reportado. É o caso de Lugar da Veiga, situada en Chantada (Lugo) e nacida no ano 2005, que fabrica e comercializa galletas mariñeiras. Tamén chamadas pan mariñeiro, pan de barco ou biscoito de barco, foron a solución para o abastecemento de pan aos grandes navíos dende o século XV, posto que un pan sen humidade era o único xeito de conservar este alimento tanto tempo e de maneira natural.

n

 

n

A empresa, que ten unha capacidade de produción de 3000 quilos de galletas ao día, apostou dende os seus inicios pola innovación como principal ferramenta de competitividade. Así, a través da innovación do producto conseguiron un pan de longa duración, o que permite que as galletas mariñeiras teñan unhas excelentes calidades de conservación, sabor e versatilidade culinaria. Ademais, teñen desenvolvido produtos ecolóxicos e traballan na creación de novas variedades de galletas.

n

 

n

Viños sen alcol e beneficiosos para a saúde

n

 

n

Tamén asistirá o Grupo Élivo, dedicado á comercialización de viños sen alcol, con sede na localidade coruñesa de Boqueixón. Nacido en 2010 e cun intenso labor innovador, xa ten vendido 200.000 botellas de viño, na súa maioría da variedade tempranillo tinto e garnacha e tamén viños brancos das variedades loureiro e albariño. Distribúe en toda España e en quince países de todo o mundo.

n

 

n

O viño desalcolizado é un produto innovador froito de varios proxectos de investigación, destinados a conseguir unha bebida libre de alcol obtida de viño da mellor calidade e que preserva deste as súas principais notas características. A firma desenvolveu un proceso para eliminar o alcol do viño que, á súa vez, conserva tódalas súas bondades, xa que non se perden flavonoides, taninos nin polifenois, as moléculas bioactivas responsables dos beneficios do viño para a saúde. 

n

 

n

Expertos en coaching 

n

 

n

Durante a xornada, expertos en coaching, dedicados ao adestramento de habilidades directivas, presentaranlles aos representantes das empresas métodos que leven á innovación. Nesta liña, Felipe Barro Casas, da consultora Serumano, cuestionará boa parte dos parámetros sobre os que se traballa tradicionalmente. Tamén se analizarán as oportunidades ocultas das empresas vencelladas á óptica do cliente. E identificaranse os cambios radicais que ten experimentado o sector alimentario galego no pasado, co propósito de analizar as tendencias emerxentes. Na xornada da tarde, Daniel Álvarez Lamas, do grupo QCoach, dirixirá un taller cos empresarios asistentes, destinado a explicar como se debe organizar a innovación no seo da pequena e mediana empresa.