De acordo cos resultados da ‘Enquisa europea sobre tendencias empresariais en materia de investimentos en I+D’ (EU Survey on R&D Investment Business Trends), en 2009 os investimentos empresariais neste ámbito a nivel mundial lograron resistir as presións da contorna de crise global. Este signo da importancia estratéxica deste factor para as empresas europeas fíxose aínda máis patente en España onde, a pesar da situación económica, o investimento en I+D superou o 15%.
n
n
n
A enquisa mostra que unha media do 27% das vendas anuais das empresas europeas debeuse a produtos innovadores introducidos nos últimos tres anos. Neste contexto, as maiores empresas de investimento en I+D con sede na UE prevén que os seus investimentos globais en investigación e desenvolvemento aumenten anualmente nun 5% entre 2011 e 2013.
n
n
No entanto, convén sinalar que dentro da Unión Europea existen diverxencias nos índices de incremento de investimentos en I+D que reflicten as diferenzas de repartición sectorial. Segundo a enquisa, a maior parte do descenso xeralizado en I+D provén de países cunha parte importante de innovación centrada no sector da automoción, como é o caso de Alemaña ou Francia, ou nas tecnoloxías da información e o hardware, como é o caso de Finlandia ou Suecia.
n
n
Fronte a este descenso xeralizado, destaca o caso das empresas españolas, que experimentaron un importante crecemento do investimento en I+D do 15,4% a pesar da importante crise financeira que provocou un descenso nas vendas do 6,4%. Estas cifras débense en gran medida aos importantes investimentos realizados por algunhas das principais multinacionais españolas.
n
n
De formal xeral as previsións de investimento corporativo en I+D suporán máis do dobre das previsións realizadas en 2010 e representan unha subida importante fronte ao 2,6 % de diminución dos investimentos en I+D rexistrado por esas empresas en 2009. Aínda que a porcentaxe de investimento en innovación previsto na UE continúe sendo inferior ao doutras rexións do mundo, as empresas seguen prevendo destinar o 75% dos seus investimentos á UE. As porcentaxes máis altas previstas nos seus investimentos de I+D corresponderán a China (25 %), Xapón (17 %), outros países europeos (8 %), India (8 %) e os Estados Unidos e Canadá (5 %).
n
n
Esta tendencia indica que as empresas con sede na UE desexan aproveitar o crecemento das economías emerxentes sen deixar de centrarse sobre todo na UE. Así o confirman os importes nominais de investimento en I+D, que van aumentar en 2.200 millóns de euros durante o tres próximos anos na UE e en 2.700 millóns de euros fóra da UE.
n
n
Os principais factores positivos para a innovación na UE residen na existencia de persoal cualificado e o apoio público en forma de subvencións e incentivos fiscais. Fronte a iso factores negativos como os custos de aplicación dos dereitos de propiedade intelectual (DPI) e o tempo necesario para conseguir a protección dos DPI, poñen de relevo a importancia de fomentar un réxime de DPI que favoreza a innovación, elemento para o que a proposta de patente única da UE representará un gran paso adiante.
n
n
(Fonte: Euroalert.net)
n
n