Así se desprende dos resultados dun estudo sobre a evolución do sector TIC elaborado pola consultora Setesca, que demostra que a excesiva orientación ao resultado en curto prazo e a existencia de solucións de mantemento moi custosas, frean a investigación e adopción de novas solucións.
Esta situación fai que diminúa o valor competitivo da empresa e, polo tanto, a súa capacidade para distinguirse da competencia. Neste contexto, o informe destaca a capacidade de adaptación ao novo ámbito empresarial daquelas compañías que si apostan pola innovación, fronte ao cambio constante que está a sufrir a comunicación entre empresas e particulares, que mesmo está a modificar a forma de xestionar os procesos administrativos.
As conclusións do estudo recomendan primar a eficiencia e a creatividade para conseguir adaptarse a este novo ámbito de traballo, cun modelo no que cada empregado, xa sexa traballador ou directivo, pense como un empresario que debe estar continuamente buscando solucións para que os clientes lle compren a el e non á competencia.
(Fonte: Innovamás)