O dato máis destacado referido a España, segundo o documento, é o número de patentes concedidas a empresas españolas e inventores que “alcanzou un nivel sen precedentes, crecendo un 47,2% ata as 752 patentes”.
Dentro dos dez campos tecnolóxicos de maior relevancia na OEP, as solicitudes que rexistraron maior incremento en España foron as de maquinaria eléctrica, equipos, enerxía (+46%), seguidas de enxeñería civil (+37,7%) e ferramentas mecánicas (+29,4%).
A nova tecnoloxía que se sitúa á cabeza, co maior número global solicitude de patentes foi a do transporte (na que se rexistra un gran número de expedientes do sector automobilístico), cun crecemento do 11,6% con 125 solicitudes de patentes, seguida por produtos farmacéuticos e biotecnoloxía.
Con 30 peticións, Laboratorios do Dr. Esteve foi maior solicitante de patentes español, seguido polo Consello Superior de Investigacións Científicas CSIC (29), Telefónica (26), e Repsol (20). A Universidade Autónoma de Barcelona (20) iguala os resultados de Repsol e a Fundación Tecnalia Research & Innovation (14) no quinto. Unha vez máis, a investigación das institucións desempeñou un papel crucial á hora de dar impulso á innovación en España, destaca o informe.
Evolución en Europa
Houbo sensibles diferenzas entre os distintos países europeos en actividade de patentes en 2016. Bélxica púxose á cabeza, cun incremento do 7% con respecto a 2015, seguida de Italia (4,5%). España empatou con Austria, co terceiro maior crecemento (2,6%); Suíza (2,5%), Reino Unido (1,8%) e Alemaña (1,1%) tamén rexistraron crecementos.
Non obstante, o número de solicitudes procedentes de Francia retrocederon un 2,5% e as de Holanda un 3,6%. O país con peores resultados foi Polonia, cunha caída do 27,9% no número de solicitudes.
A OEP tamén recibiu menos solicitudes de patentes por parte de países como Finlandia, Suecia e Dinamarca, con caídas do 8,8%, o 7,4% e o 2,8%, respectivamente.
Globalmente, a tecnoloxía médica segue sendo o campo con maior número de solicitudes -a pesar dun lixeiro descenso do 2,1% en 2016-, seguida pola comunicación dixital e a Informática.
No sector de empresas, e por segundo ano consecutivo, Philips tramitou na OEP o maior número de solicitudes de patentes (2568) en 2016. A chinesa Huawei situouse en segunda posición, escalando dende o undécimo lugar en tan só tres anos.
(Fonte: Agencias)