As empresas demandan expertos en ciberseguridade

Os ciberdelincuentes, cada vez máis preparados, campan ás súas anchas nunha contorna que medra máis rápido que os profesionais que poden cortarlles as ás. Un informe de Accenture confirma que un 82% das organizacións admitiu aumentar os seus orzamentos de ciberseguridade no último ano, e estes fondos representan até un 15% do gasto total en TI.

Outro informe de PwC -patrocinado por Siemens- revela que España necesita 20.000 especialistas en ciberseguridade de aquí a 2030, e que a recapacitación dixital podería xerar 220.000 postos de traballo adicionais en dez anos, un 1,2% do emprego total. Todo apunta a que a estes expertos non lles vai faltar traballo: segundo estimacións da Unión Europea, este ano non se cubrirán máis de 300.000 empregos en ciberseguridade en Europa.

A formación é unha necesidade que está a mobilizar ás empresas: Siemens colabora coa Universidade de Vigo na formación de especialista en ciberseguridade industrial, o primeiro título que se imparte en España. Esta iniciativa súmase ao ciberhub que a devandita multinacional ten en Madrid, que dá servizo global, e no que xa traballan 65 persoas. Tamén desde a capital xestiónase a área global de Cíber Defensa de Siemens AG, coa responsable mundial levando un equipo de 150 enxeñeiros expertos en ciberseguridade.

Fonte: Expansión