As empresas de Tecnópole teñen opción a participar no VII Encontro Ibérico de Parques Científicos e Tecnolóxicos, que se celebrará os próximos 5 e 6 de xuño en Huelva. Entre as actividades previstas atópase un panel para a presentación de oito casos prácticos de colaboración entre entidades españolas e portuguesas en proxectos europeos no que as empresas poderán contar a súa experiencia.
n
n
nTras a edición anterior, celebrada en Portugal, na que se trataron temas como o papel das universidades no emprendedurismo e a visión dos parques e as empresas emprendedoras nos principais sectores estratéxicos, celébrase este novo encontro, no que o tema principal é a posta en marcha da estratexia de cooperación empresarial hispano-lusa para a xestión dos próximos fondos comunitarios.
n
nO evento está organizado polo Parque Científico e Tecnolóxico de Huelva, a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a Asociación Portuguesa de Parques de Ciencia e Tecnoloxía (Tecparques).
n
nEntre outras actividades, o programa contempla unha mesa redonda sobre instrumentos de financiamento, información sobre as próximas convocatorias europeas e a posibilidade de participar no networking que se celebrará na recta final do encontro.
n
nOs obxectivos deste encontro son fomentar a innovación e a internacionalización dos parques científicos e tecnolóxicos lusos e españois, coñecer as Estratexias de Investigación e Innovación para unha Especialización Intelixente (Estratexias RIS3), coñecer fórmulas de participación e oportunidades de financiamento a través de fondos comunitarios e fomentar a colaboración hispano-lusa en proxectos europeos.
n
nMáis información e formularios de inscrición aquí.
n
n(Fonte: APTE)