As empresas de Tecnópole contan cun 20% de desconto na tarifa de asistencia á conferencia Emtech

As empresas de Tecnópole contan cun 20% de desconto na tarifa de asistencia a Emtech, a conferencia máis importante do mundo sobre tecnoloxías emerxentes, organizada pola revista Technology Review, do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).

n
n

nEstas condicións especiais foron xestionadas pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que Tecnópole pertence. No evento combínanse diferentes actividades, como relatorios dos principais expertos do mundo en tecnoloxías emerxentes, a entrega dos premios TR35 Spain e a celebración dun Foro de Investimento.
n
nA conferencia, que chega á súa segunda edición en España, terá lugar os días 22 e 23 de novembro en Málaga. Para as empresas dos parques socios de APTE, o prezo da inscrición en período de venda anticipada -vixente actualmente- será de 120 euros e posteriormente de 240 euros.
n
nPara obter o desconto os interesados deben mandar un correo electrónico a Jesús Cabrera (jcabrera@apte.org) e solicitar o código de desconto.
n
nMáis información do evento en: www.emtechspain.com.
n
n(Fonte: APTE)

n