As empresas de Tecnópole beneficiaranse de tarifas reducidas nas actividades formativas do Cluster de Automoción

As empresas de Tecnópole beneficiaranse das mesmas tarifas reducidas que os membros do Cluster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) no acceso ás actividades formativas que organice a entidade para todo o ano 2013.

n
n

nEste acordo entre Parque Tecnolóxico de Galicia e CEAGA é un paso máis na colaboración iniciada o ano pasado entre as dúas entidades. En 2012 a universidade corporativa do Cluster tivo como sede as instalacións de Tecnópole para o grupo de Ourense do seu Programa 'Xestión e Desenvolvemento de Novos Produtos'. Na aula habilitada no edificio CEI os 15 alumnos recibiron o coñecemento necesario para adquirir a polivalencia requirida no desenvolvemento dun proxecto de innovación en automoción.
n
nEn relación coas actividades formativas, os responsables de CEAGA manterán o próximo 29 de xaneiro en Tecnópole unha reunión cos seus socios da provincia de Ourense para planificar novas actividades formativas, nas que as empresas do Parque gozarán das mesmas condicións de acceso ca eles.
n
nUns días antes, o 23 de xaneiro, CEAGA celebra a súa primeira acción formativa do ano, unha xornada sobre innovación en materiais e tecnoloxías do plástico en automoción que terá lugar nas instalacións centrais da súa universidade corporativa, en Vigo.
n
n(Fonte: CEAGA e Tecnópole)

n