Parque Tecnolóxico de Galicia terá aberto o prazo de solicitude de proxectos para desenvolver o marco da Cátedra Tecnópole ata o próximo 30 de marzo. A Cátedra Tecnópole é unha plataforma que conta coa colaboración da Universidade de Vigo e que consiste en dinamizar e desenvolver proxectos conxuntos de I+D+i entre grupos de investigación universitarios e as empresas e institucións situadas no Parque.
n
nO obxectivo desta actuación é promover a realización e difusión de accións de I+D+i naquelas áreas de coñecemento que favorezan o desenvolvemento tecnolóxico de Galicia e potenciar un espazo que sirva de punto de encontro entre os equipos de investigación da Universidade de Vigo e as empresas que desenvolvan a súa actividade en Tecnópole.
n
nAta o próximo día 30, todas as empresas e entidades interesadas en beneficiarse deste programa deberán presentar as súas propostas de proxectos de I+D+i indicando o perfil apropiado dos recursos humanos necesarios para levalo a cabo.
n
nA Cátedra supuxo o inicio da colaboración en 2008 entre nove empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole con investigadores da Universidade de Vigo en proxectos relacionados principalmente coas Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) e a enxeñería industrial.
n
nOs promotores dos proxectos actualmente en marcha foron as empresas Imagos, Sonen, Trabeculae, Enyiris, Eiga, Hispamoldes e Quobis e os centros tecnolóxicos Aimen e Laboratorio de Metroloxía de Galicia. As iniciativas que se desenvolvan no contorno TIC van desde un proxecto 2.0 de vixilancia tecnolóxica ata solucións para comunicacións de banda ancha no mar e fórmulas de dotación de infraestruturas de telefonía vía internet para as pemes galegas. No sector industrial estase a traballar sobre o deseño de estruturas para naves agrícolas e industriais e a optimización do deseño de moldes.
- Home
- Actualidade
- As empresas de Parque Tecnolóxico de Galicia xa poden solicitar novas colaboracións coa Universidade de Vigo
As empresas de Parque Tecnolóxico de Galicia xa poden solicitar novas colaboracións coa Universidade de Vigo
- Venres 20 Marzo 2009