As dez tendencias tecnolóxicas do ano

"Os desafíos mundiais necesitan novas tecnoloxías para afrontalos", di o Consello de Tecnoloxías Emerxentes do Foro Económico Mundial (WEF), que fixo pública recentemente a súa lista das dez tecnoloxías emerxentes do ano.

n
n

nSegundo indica o organismo nun comunicado, estas tecnoloxías poderán axudar a lograr un desenvolvemento máis sustentable nas próximas décadas nas que a presión sobre o medio vai aumentar, debido ao incremento da poboación e, polo tanto, da demanda en todos os ámbitos.
n
nAs tecnoloxías emerxentes destacadas polo WEF atópanse aínda en fase inicial, pero "xa se están a lograr grandes avances e están máis preto do seu despregamento a grande escala", sinala o documento.
n
nVehículos online
n
nSegundo o informe do Consello de Tecnoloxías Emerxentes, a tecnoloxía sen fíos, hoxe en día moi estendida, poderá usarse tamén para subministrar enerxía eléctrica a vehículos en movemento. A próxima xeración de coches eléctricos, indica, funcionará mediante bobinas situadas na parte inferior do vehículo que recibirán enerxía dun campo electromagnético procedente dos cables instalados baixo o pavimento.
n
nA corrente tamén servirá para cargar unha batería adicional usada para alimentar o vehículo cando estea fóra de cobertura. Estes coches, que xa se están a probar en estrada en Seúl (Corea do Norte), só necesitan un quinto da capacidade de batería que un coche eléctrico estándar e a súa eficiencia de transmisión pode alcanzar máis do 80%, explica o documento.
n
nImpresión 3D e fabricación remota
n
nOutras das tendencias tecnolóxicas relevantes será a impresión tridimensional, que permitirá a creación de estruturas sólidas dende un arquivo de ordenador.
n
n"Isto podería revolucionar a fabricación, xa que fará posible que os obxectos poidan imprimirse de forma remota, na casa ou na oficina, cun grande aforro de tempo e transporte,", sinala o comunicado.
n
nO proceso consiste en producir capas de materiais que se depositan unhas enriba das outras para crear estruturas independentes e permite que obxectos creados virtualmente poidan usarse como modelos para realizar 'copias impresas' de plástico, metais ou outros materiais.
n
nMateriais que se arranxan sós
n
nUnha das características que definen aos organismos vivos é a súa habilidade intrínseca para curarse a si mesmos. Crear materiais estruturais inertes capaces de autorrepararse cando se cortan, esgazan ou agretan é máis difícil, aínda que esta tendencia do biomimetismo está a evolucionar. Esta tecnoloxía permitirá alongar a vida útil de mercadorías, reducir a demanda de materias primas e mellorar a seguridade de materiais estruturais usados na construción ou para a fabricación de partes de aeronaves, explica a institución.
n
nPurificación de auga avanzada
n
nEn lugares onde se esgotan os sistemas de auga doce, a desalinización do mar ofrece un recurso case ilimitado, pero a expensas dun gran gasto enerxético, di o Foro Económico Mundial. As tecnoloxías emerxentes ofrecen un potencial aforro do 50% da enerxía na desalinización ou na purificación de augas residuais. Técnicas como a osmose forzada poderán mellorar a eficiencia, utilizando calor da produción de enerxía térmica ou de instalacións xeotérmicas.
n
nConversión de dióxido de carbono en combustible
n
nA tecnolóxica de captura e secuestro subterráneo de CO2 segue aínda sen ser comercialmente viable. Pero, segundo o WEF, hai novas tecnoloxías que converten o CO2 non desexado en mercadorías útiles. Un dos enfoques máis innovadores é o uso de bacterias fotosintéticas bioloxicamente deseñadas para converter CO2 en sistemas modulares de convertedores solares de baixo custo. Ao ser de 10 a 100 veces máis produtivo por unidade de superficie, estes sistemas solucionan unha das principais restricións ambientais dos biocombustibles, e podería subministrar combustible para automóbiles, avións e para outros usuarios de combustible a grande escala, di o WEF.
n
nNutrición avanzada a nivel molecular
n
nSegundo a institución, ata nos países desenvolvidos, millóns de persoas sofren malnutrición debido a deficiencias nas súas dietas. As últimas técnicas xenómicas intentan determinar a nivel de secuencia xénica o número de proteínas consumidas naturalmente que son importantes para a dieta humana. As proteínas identificadas poderán ter vantaxes sobre os suplementos estándar, xa que subministrarán unha porcentaxe de aminoácidos esenciais maior e terán unha solubilidade, sabor, textura e características nutricionais melloradas.
n
nDetección remota
n
nO uso cada vez máis xeneralizado de sensores será algo cada vez máis frecuente no ámbito da saúde. Estes sensores poderán controlar de xeito constante funcións do noso organismo -como frecuencia cardíaca, niveis de osíxeno e azucre en sangue- e, en caso necesario, provocar unha resposta, como a administración dunha dose de insulina. Os avances tamén se ampliarán á comunicación sen fíos entre dispositivos e poderase, por exemplo, incluír sensores entre vehículos para mellorar a seguridade en estrada.
n
nEnxeñería a nanoescala para administración de fármacos
n
nOs medicamentos que poden depositarse de forma precisa a nivel molecular dentro ou arredor da célula ofrecerán unha oportunidade para desenvolver tratamentos máis efectivos e con menos efectos secundarios. As nanopartículas dirixidas adhírense ao tecido enfermo, minimizando o seu impacto no tecido san. Despois de case unha década de investigación, estes novos enfoques están á fin a dar sinais de utilidade clínica, sinalan os expertos do WEF.
n
nElectrónica orgánica
n
nA electrónica orgánica -un tipo de electrónica impresa- usa materiais orgánicos como polímeros para crear circuítos e dispositivos electrónicos. Fronte aos semicondutores tradicionais (baseados en silicio), este tipo de electrónica pode obterse a partir de procesos escalables de baixo custo. Aínda que aínda non pode competir co silicio en velocidade e densidade, ten o potencial de proporcionar unha vantaxe significativa en termos de custo e versatilidade, sinala o informe.
n
nReactores de cuarta xeración e reciclaxe de residuos nucleares
n
nSegundo o WEF, os reactores nucleares apenas utilizan un 1% da enerxía dispoñible no uranio, deixando o resto como lixo nuclear altamente radioactivo. Este organismo sinala que, aínda que as cuestións técnicas de almacenamento xeolóxico son manexable, o desafío político destes residuos limita seriamente o atractivo desta tecnoloxía de enerxía sen emisións de carbono e altamente escalable. Se se reciclase o residuo usado para convertelo en uranio-238, como novo material fisible -coñecido como nuclear 2.0-, "podería dispoñerse de recursos durante séculos e reduciríase drasticamente o volume e a toxicidade a longo prazo dos residuos, que podería medirse en séculos en lugar de en milenios," conclúe.
n
n(Fonte: SINC)

n