As comunidades enerxéticas son proxectos colectivos de cooperación que implican a persoas, asociacións, empresas ou administracións públicas que se unen para xerar, consumir e xestionar a súa propia enerxía de orixe renovable, baixo un modelo de gobernanza democrática e unha participación aberta e voluntaria. Na provincia de Ourense xa hai algúns proxectos en marcha de concellos e colectivos que ven nesta ferramenta unha oportunidade para o aforro de enerxía.
Desde a Xunta de Galicia, que lanzan un paquete de axudas para crear estas comunidades, consideran que “o adecuado desenvolvemento de comunidades enerxéticas en Galicia pode contribuír de xeito importante á consecución dos obxectivos de descarbonización, especialmente no sector edificatorio, aínda que tamén no empresarial e industrial, grazas a este modelo de cooperación no que se fomenta o autoconsumo a partir de fontes renovables de enerxía”. Tamén apuntan que esta ferramenta “facilita o acceso dous seus integrantes a unha enerxía limpa, reducindo as facturas e, en moitos casos, constitúe un elemento dinamizador en contornas rurais”.
Por iso, esta convocatoria de axudas para a planificación enerxética conta con 600.000 euros e estará aberta até o 14 de xuño. Concretamente, en Ourense xa se está promovendo a primeira comunidade enerxética empresarial de Galicia, localizada na Tecnópole.
Fonte: La Región