As compañías españolas, entre as que menos cooperan en innovación da Unión Europea

As empresas españolas son das que menos colaboran na Unión Europea con outras compañías ou institucións para realizar actividades de I+D, e tamén das que menos cooperan con outros países nese campo, segundo o sétimo informe comunitario de Eurostat sobre a proporción de firmas innovadoras na UE, con datos do período 2008-2010.

n
n

nSegundo a enquisa, as empresas españolas innovadoras son as segundas que menos colaboraron con socios doutros países europeos (5%), só por diante das italianas (4%). As compañías alemás (8%) e as portuguesas (9%) superan en cooperación ás sociedades do noso país.
n
nOs máximos niveis de cooperación rexistráronse en Chipre (38%); Eslovenia (35%); Austria, Estonia e Eslovaquia (30% cada un); Finlandia (28%) e Luxemburgo (27%).
n
nOutro dos datos que desprende o informe é que na UE, de media un 11% das empresas innovadoras adoita cooperar con socios doutro Estado membro, da Asociación Europea de Librecambio (AELE, que comprende Islandia, Liechtenstein, Noruega e Suíza) ou con países candidatos.
n
nNo referente á colaboración das compañías innovadoras con outras firmas ou institucións de investigación ou universidades, as españolas e as búlgaras (un 22% en cada caso) son das que menos cooperaron, só por diante das portuguesas (20%), maltesas (18%) e italianas (12%). Pola súa banda, as que máis colaboraron foron as de Chipre (62%), Austria (51%), Eslovenia (45%) e Lituania e Hungría (43% cada un).
n
nEntre as que levaron a cabo actividades innovadoras entre 2008 e 2010, o 27% traballou con outras compañías ou institucións, mentres que un 73% recorreron unicamente aos seus recursos internos.
n
nPolo que respecta á cooperación con socios en Estados Unidos, Finlandia (12%), Suecia (11%) e Eslovenia (8%) rexistraron as proporcións máis elevadas, mentres que as taxas de colaboración máis altas con India e China se deron en Finlandia (9%), Suecia (7%) e Luxemburgo e Eslovenia (6% en cada caso).
n
nAs empresas innovadoras españolas foron as segundas que menos traballaron con socios de Estados Unidos (o 1,1%), só por diante das italianas (1%). Ademais, son as que menos colaboraron con socios de China e India (0,5%).
n
nEn termos xerais, o 53% das firmas de industria e servizos da UE declarou realizar actividades relacionadas coa innovación entre 2008 e 2010. Os países con máis concentración de empresas innovadoras nese período foron Alemaña (79%), Luxemburgo (68%), Bélxica (61%) e Portugal, Suecia e Irlanda (60% cada un). Así mesmo, os países onde había menos corporacións dese tipo foron Bulgaria (27%); Polonia (28%), Letonia (30%) e Romanía e Hungría (31% en cada caso). España colócase en metade da táboa, xa que o 41% das compañías realizaba actividades de I+D.
n
n(Fonte: Innovamás)
n

n