A importancia da comunicación no ámbito profesional é o eixe do próximo almorzo tecnolóxico organizado por Tecnópole, que terá lugar o mércores 26 de abril. As empresas situadas no Parque Tecnolóxico de Galicia e tamén as do Polígono de San Cibrao das Viñas están convocadas a esta cita, co obxectivo de aprender novas claves de negocio e tamén intercambiar coñecemento e oportunidades de negocio.
O almorzo tecnolóxico, que terá lugar entre as 9.30 e as 10.30 horas na terceira planta do Edificio CEI de Tecnópole, está aberto á inscrición.
A relatora será Alba Formoso, directora de TALKK, escola especializada en oratoria, debate e coaching. “Recibir formación en comunicación fai que poidamos coñecer as ferramentas que a linguaxe pon á nosa disposición e, desta forma, saber elixir a que máis nos conveña”, asegura.
Os asistentes adquirirán capacidade argumentativa para potenciar o seu poder de persuasión e terán acceso ás principais claves para elaborar discursos, presentacións ou charlas que cheguen ao público do xeito que nós queremos.
(Fonte: Tecnópole)