Os noventa alumnos e alumnas das Aulas Tecnópole marchan de vacacións de verán logo de traballar durante todo o curso en 23 proxectos de I+D+i de ámbitos moi variados. Esta tarde celebraron nas instalacións do Parque Tecnolóxico de Galicia, en Ourense, un acto de fin de curso que incluiu demostracións, visita aos seus espazos de traballo, entrega de diplomas e unha merenda. Os estudantes contaron coa presenza do director xeral de I+D+i da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, e da vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, María Victoria Jato.
n
n
n
Os alumnos das Aulas Tecnópole, todos eles de Secundaria e Bacharelato e procedentes de institutos de toda a provincia de Ourense, reuníronse en dous grupos todos os mércores e xoves do curso para participar neste programa de desenvolvemento de capacidades científicas e innovadoras. Nunha aula deseñada especialmente para eles e no laboratorio de biotecnoloxía do Parque Tecnolóxico de Galicia foron avanzando nos seus proxectos e, grazas a unha extensión do curso non prevista nun principio, poderán seguir facéndoo ata o mes de decembro. Esta decisión foi tomada polo interese manifestado polos propios alumnos e alumnas e pola calidade dos traballos desenvolvidos.
n
n
Esta tarde, no salón de actos da Tecnópole tres dos grupos realizaron unha exposición para que os asistentes, entre os que figuraban pais e profesores dos seus centros escolares, se fixesen unha idea do traballo realizado ata o de agora tomando como exemplos tres proxectos de diferentes ámbitos de coñecemento.
n
n
En primeiro lugar, Fernando Rebelo, Rubén Rodríguez e Saúl Cid mostraron o seu sistema de xeración de electricidade termoeléctrica a través de placas peltier para o aproveitamento das augas termais de Ourense como fonte de enerxía eléctrica.
n
n
Pola súa parte, Laura González, Paula Fernández e Queila Bouza mostraron os resultados do seu estudo sobre a influencia das ondas WIFI nas plantas. Tras realizar dous cultivos, un deles exposto de modo constante ás radiacións dun repetidor de ondas electromagnéticas WIFI e outro protexido mediante unha gaiola de Faraday, observaron que efectivamente había diferencias que parecen indicar que as ondas teñen influencia sobre o organismo dos seres vivos.
n
n
Por último, Daniel Váquez, Rodrigo Barreiro e Martín Quintas explicaron a súa experiencia de análise e recollida de datos cun prototipo de sonda aeroespacial construído por eles mesmos. Segundo mostraron, trátase dun satélite do tamaño dunha lata de refresco que permite a recollida de datos referentes a presión e temperatura. A segunda parte do proxecto será incorporar un sistema ‘comeback’ que lle permita á sonda dirixirse planeando dende o punto onde sexa liberada polo foguete a unhas coordenadas marcadas previamente.
n
n
O resto dos proxectos cobren numerosos ámbitos temáticos, pero a maioría deles comparten un enfoque de investigación aplicada moi interesante. Así, un grupo de alumnas traballan no uso da mestura de auga e maicena no deseño de sistemas de protección para obxectos cotiáns. Outro dos proxectos estuda os beneficios das augas termais para regadío polos seus compostos de sales e nutrintes. Os alumnos tamén traballan nun coche teledirixido mediante impulsos mentais e con placas solares, en novas aplicacións para móbiles Android, no deseño e construcción dunha mesa multitáctil ou en desenvolvementos de robótica, entre outros. Mesmo un dos equipos traballa no deseño en 3D da Tecnópole, un mundo virtual visible con gafas estereoscópicas.
n
n
Vocacións científicas e espírito emprendedor
n
n
Esta iniciativa enmárcase no programa de divulgación da ciencia e da innovación que a Tecnópole leva a cabo desde os seus inicios para achegar a súa actividade á sociedade e contribuír a espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor entre os máis novos.
n
n
Os participantes no curso terán ocasión de presentar os seus proxectos na Galiciencia, a feira científica e de innovación que organiza a Tecnópole con motivo da Semana da Ciencia, e noutros certames estatais, coma o ‘Jóvenes Investigadores’ do Ministerio de Ciencia e Innovación, e internacionais, coma o ‘Junior Water Prize’.
n