As Aulas Tecnópole comezaron o curso 2011 esta tarde coa asistencia de 145 alumnos e alumnas de toda a provincia de Ourense, interesados en incorporarse á iniciativa educativa que se puxo en marcha o ano pasado co programa piloto denominado Aulas IDI.
n
nAnte o éxito do curso 2010, o Parque Tecnolóxico de Galicia decidiu non só darlle continuidade a este proxecto senón tamén reforzalo coa súa marca –pasa a chamarse Aulas Tecnópole-, darlle cabida ao dobre de estudantes e intensificar os contactos dos alumnos e alumnas coas empresas e centros tecnolóxicos situados no recinto durante o curso.
n
n
ntA elevada demanda por parte dos centros escolares aumenta a oferta da Tecnópole este ano para acoller estudantes. Así, á sesión que xa se celebraba os xoves durante o curso pasado súmase outra os mércores para darlle cabida a outro grupo.
n
nt
n
ntOs estudantes trasladaranse unha tarde por semana á Tecnópole. Unha vez alí disporán das instalacións e recursos do Parque Tecnolóxico para levar a cabo os seus proxectos, axudados por un equipo de formadores con ampla experiencia docente e de desenvolvemento de programas destas características.
n
nt
n
ntOs estudantes, todos eles de segundo ciclo de Secundaria e Bacharelato, recibirán formación sobre as pautas que debe seguir unha investigación científica rigorosa e a estrutura que debe ter a memoria escrita na que se recolla o proxecto. Os seus ámbitos de traballo abarcarán todas as áreas do coñecemento, desde as novas tecnoloxías e a informática até as ciencias ou as humanidades.
n
nt
n
ntAínda que a decisión final sobre o obxecto dos seus proxectos será dos equipos que formen os alumnos, os formadores propuxéronlles esta tarde, durante a clase inaugural, varias ideas ás que algúns xa se apuntaron. A presentación de proxectos acompañouse de demostracións científicas con formato espectáculo e dunha visita guiada polo laboratorio no que traballarán e o resto das instalacións da Tecnópole.
n
nt
n
ntDas augas para gourmets a Xúpiter
n
nt
n
ntUn dos proxectos que levarán a cabo os estudantes das Aulas Tecnópole será a análise da auga das fontes de Ourense e das súas propiedades fisicoquímicas e organolépticas para determinar cal é a de mellor calidade da cidade. O traballo complementarase con catas a cegas para determinar se a auga embotellada ofrece algún valor engadido ou non.
n
nt
n
ntOutros alumnos e alumnas abordarán a construción dun radiotelescopio para o estudo do planeta Xúpiter. Utilizando un kit educativo da NASA, porán en funcionamento un sistema de radiostronomía que permitirá ‘escoitar’ as tormentas do planeta e compartir a información obtida con estudantes de todo o mundo.
n
nt
n
ntA creación dunha aplicación para móbil será outro dos proxectos. Utilizando un intuitivo sistema de programación desenvolvido por Google, os estudantes deseñarán unha aplicación móbil orientada aos mozos.
n
nt
n
ntAs supersticións e as falsas crenzas centrarán outro dos proxectos. Desde un enfoque crítico os investigadores mozos analizarán as supersticións máis ancestrais e buscarán a súa orixe.
n
nt
n
ntAs Aulas Tecnópole, seguindo a liña do Parque Tecnolóxico de Galicia, estarán ben posicionadas na web 2.0 a través dun blog (http://aulastecnpole.blogspot.com/) e mediante a súa presenza en Facebook (http://www.facebook.com/aulastecnopole) e Twitter (http://twitter.com/aulastecnopole).
n
nt
n
ntVocacións científicas e espírito emprendedor
n
nt
n
ntEsta iniciativa enmárcase no programa de divulgación da ciencia e da innovación que a Tecnópole leva a cabo desde os seus inicios para achegar a súa actividade á sociedade e contribuír a espertar vocacións científicas e incentivar o espírito emprendedor entre os máis novos.
n
nt
n
ntOs participantes no curso terán ocasión de presentar os seus proxectos na Galiciencia, a feira científica e de innovación que organiza a Tecnópole con motivo da Semana da Ciencia, e noutros certames estatais, coma o ‘Jóvenes Investigadores’ do Ministerio de Ciencia e Innovación, e internacionais, coma o ‘Junior Water Prize’.
n