As apps corporativas híbridas e HTML5 son as dúas tendencias que están a marcar o avance no escenario das aplicacións móbiles. Así o constata a empresa experta en desenvolvemento web e móbil, Tecnilógica, que prognostica un importante crecemento deste mercado á vista da configuración do novo usuario móbil e multidispositivo.
n
n
nSegundo as previsións de Tecnilógica, en 2015 o 60% das aplicacións serán híbridas, mentres que as aplicacións web e as nativas suporán un 30% e un 10%, respectivamente.
n
nAs aplicacións híbridas -que combinan o desenvolvemento nativo con HTML5 e CSS3- emerxen como a tendencia a futuro nun escenario onde existen outras dúas grandes opcións: as aplicacións nativas, integramente desenvolvidas no ámbito de cada sistema operativo específico, e as aplicacións web, completamente desenvolvidas en HTML5.
n
nA elección dunha ou outra alternativa depende da valoración de diversos factores. As aplicacións nativas son máis seguras e reaccionan dun 10 a un 15% máis rápido que as apps en HTML5, polo que están especialmente indicadas naqueles casos nos que son moitas as interaccións co usuario. Pola súa banda, o desenvolvemento híbrido resulta máis económico, un aspecto a ter en conta cando se contempla a creación dun gran número de apps diferentes que dean soporte a distintos departamentos e tarefas.
n
n(Fonte: Europa Press)