O papel das aceleradoras foi determinante para xerar unha cultura do emprendemento e está a permitir a aparición de proxectos innovadores nos sectores máis dinámicos da economía galega.
O Parque Tecnolóxico de Galicia cumpre tamén unha función fundamental na consolidación de novos proxectos empresariais. Fíxoo no pasado co Programa Agrobiotech Innovación (nos anos 2015, 2017 e 2019), un programa de aceleración dirixido a pemes de biotecnoloxía, agroalimentación e biomasa. Beneficiáronse 33 empresas, que lanzaron 70 novos produtos cun incremento de negocio estimado en máis de 40 millóns de euros e que mantivo 250 empregos.
Posteriormente a Tecnópole lanzou Connect-19 para loitar contra a pandemia. Agora creou unha aceleradora para a internacionalización das empresas, Galicia Avanza, co fin de impulsar unha mellora da competitividade das pemes galegas, axudándoas a definir estratexias na súa saída ao mercado exterior. O prazo para optar a esta aceleradora iniciouse o 4 de abril e remata o 18 de maio.
Fonte: La Región