As 10 tendencias tecnolóxicas que máis impactarán nos medios en 2014

A análise de datos, os vídeos personalizados, os sistemas de predición de información, os drons ou os dispositivos sen pantalla marcarán o futuro do periodismo.

n
n

nQue a tecnoloxía transformou o panorama xornalístico non é nada novo, que os cambios se seguen dando e que se vive un momento de experimentación tampouco, pero ata onde chegará si, e parece que ata moi lonxe. Polo menos así se deduce da conferencia impartida por Amy Webb, CEO de Webbmedia Group e coñecido estratego dixital, na Conferencia Anual da Online News Association (ONA), a asociación de medios dixitais de Estados Unidos. Durante a súa intervención a experta desvelou cales serán as que maior impacto terán o próximo ano nos medios de comunicación e no traballo dos xornalistas.
n
nConcretamente, estas son as innovacións que, en opinión de Web e segundo publicaba Ijemet.org, haberá que ter en conta o próximo ano:
n
nComputación anticipatoria. Os sistemas de busca de información camiñan cara á predición dos procesos de pensamento para anticiparse ás demandas dos usuarios e ofrecerlles en tempo real o que queren. Nesta liña, a aplicación MindMeld para o iPad é capaz de deducir que necesitarán os usuarios nos 10 segundos seguintes, tras analizar 10 minutos de conversación. Así, é capaz de xerar información a partir da interpretación de conversacións. Para Webb trátase dunha grande oportunidade para os xornalistas que poden usar esta ferramenta mentres entrevistan ás súas fontes.
n
nAsistentes persoais virtuais intelixentes. No último período proliferaron este tipo de ferramentas (Donna, Osito, Tempo, etc.). Os medios tamén poden participar neste ámbito ofrecendo contidos pensado para cada circunstancia. Así, ao coñecer que un lector ten unha reunión con alguén o medio pode ofrecerlle información de interese sobre esa persoa recompilando a información da que dispoña o medio e tomando a que haxa nas redes sociais, explicaba a experta.
n
nVídeos personalizados. Neste punto, Webb comentou que "producir bos vídeos xa non é suficiente" e que cada medio debe diferenciarse, polo que para algúns a opción será ofrecer máis vídeos infotainment, que mesturen información e entretemento, que de tipo documental.
n
nMOOCs (Massive Open Online Course). A popularidade dos Cursos en Liña Masivos e aberto creceu significativamente nos últimos anos ante unha "xeración que é adicta á aprendizaxe rápida". Seguindo o seu exemplo o artigo 9 preguntas sobre Siria que che dá vergoña preguntar" do Washington Post tivo un gran éxito, formulando a posibilidade de que os medios se adapten a esta tendencia.
n
nTransformar a sección de comentarios. Webb considera que debe ser un foro onde a xente fala con persoas que xa coñece ou que lle parezan interesantes coma se se tratase de 'f'iesta'. Nesta liña, destacou o novo modelo de The Guardian que mostra a cada lector os comentarios dos usuarios que xa coñece ou segue dende as súas contas de redes sociais, podendo invitar outras persoas a sumarse á conversación. Este sistema máis acoutado, e á vez aberto, posibilita manter de xeito máis eficiente un diálogo entre persoas que desexan interactuar.
n
nPlataformas de contidos fronte a webs con contido editorial. Segundo Webb, non se poden ser ambas as dúas cousas á vez, xa que as características destes dous modelos dixitais son diferentes e chocan entre si. Os sitios que están a intentar xuntar ambos os dous enfoques atópanse cos problemas que se derivan de querer publicar calquera cousa, como fan as plataformas, e intentar que á súa vez o sitio teña unha visión editorial. Así, a directiva de Webbmedia Group recordaba as críticas suscitadas por 'Médium' ou 'BuzzFeed' aos que se acusou de publicar noticias pouco rigorosas ou carecer de criterio editorial.
n
nFormatos para os dispositivos sen pantalla. Os medios deben ir creando novas narrativas para adaptarse a este tipo de gadgets tecnolóxicos, como as Google Glass, cuxa popularidade e utilización verase incrementada nos próximos anos.
n
nAnálise de datos. Nun mundo en que os datos desbordan a Rede, a utilización destes en todos os ámbitos é xa unha tendencia consolidada. Polo tanto, no periodismo non podía selo menos. Medios como ProPublica, La Nación Argentina e NPR son algúns dos que están a producir reportaxes de investigación de gran valor a través da análise exhaustiva de datos.
n
nDrons. Aínda que a utilización de vehículos non tripulados para cubrir determinadas noticias non é algo habitual, tampouco é algo novo. De feito, utilizouse en 2011 en Rusia para dar difusión ás manifestacións posteriores ás eleccións parlamentarias. E é que poden axudar ao periodismo a mostrar cousas que doutro xeito sería imposible ensinar.
n
nHardware. En 2014 a tecnoloxía levable, as impresoras e as ferramentas de código aberto fomentarán a participación dos usuarios e o seu papel como xerador de contidos.
n
n(Fonte: media-tics)

n