n
n
O anteproxecto de Lei de Fomento da Investigación e a Innovación en Galicia iniciou o seu período de exposición pública, durante o cal estará aberto a alegacións antes de iniciar o trámite parlamentario.
n
n
n
n
n
n
A nova norma incidirá na importancia da implicación das empresas na economía do coñecemento, fomentando a colaboración público-privada, así como na optimización das tarefas de transferencia e valorización por parte das universidades e centros de investigación.
n
n
O proxecto de lei busca establecer un novo marco para o fomento da I+D e a transferencia e valorización de resultados, co obxectivo de coordinar e potenciar os esforzos destinados a promover un retorno do investimento público, que reverta directamente na economía e a sociedade.
n
n
O documento substituirá o vixente na actualidade -do ano 1993-, e recolle cuestións que pretenden dar un novo impulso á I+D+i galega, de xeito concreto máis acorde ao presente escenario económico. Tamén son importantes as adaptacións ás normativas e recomendacións formuladas a nivel estatal (nova Lei de ciencia aprobada en 2011) e europeo (Estratexia Europa 2020). Ademais, dá cabida á nova Axencia Galega de Innovación, que comezará a funcionar en breve como organismo adscrito á Consellería de Economía e Industria, co labor principal de executar o Plan i2C 2011-2015.
n
n
A meta final é o esforzo coordinado entre os axentes do Sistema Galego de Innovación para consolidar o posicionamento das empresas e centros tecnolóxicos no ámbito competitivo europeo e internacional, permitindo á vez un cambio no modelo produtivo galego cara a outro centrado na innovación.
n
n
(Fonte: Consellería de Economía e Industria)
n
n
n
n