O proxecto Capitaliza_CTBio ten como obxectivo capitalizar os resultados máis exitosos do proxecto CTBio, que naceu para promover a cooperación, a integración e a competitividade do sector biotecnolóxico no espazo Galicia – Norte de Portugal e converter á Eurorrexión nun polo de excelencia territorial en biotecnoloxía. O proxecto conta coas seguintes entidades socias: Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias dá Vida (BIOGA), Universidade de Santiago de Compostela, Consorcio da Zona Franca de Vigo, Universidade do Minho e o Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía (INL).
Unha das actividades do proxecto está enfocada ao fortalecemento das competencias empresariais, promovendo estratexias de adquisición de competencias relacionadas coa creación, crecemento, consolidación e expansión. Por outro lado, levarán a cabo acción de integración sectorial, fomentando a hibridación para a xeración de novos modelos de negocio. Estas accións estarán encamiñadas á colaboración intersectorial e tecnolóxica para o deseño de novos modelos de negocio pondo especial énfase na importancia de reforzar a cooperación entre o sector biotech, o sector tecnolóxico e outros sectores estratéxicos da Eurorrexión para o nacemento de potenciais oportunidades de colaboración, que á súa vez xeren novas iniciativas empresariais.
Ademais, levarán a cabo actividades de ampliación e posicionamento futuro, co obxectivo de impulsar ao Clúster CTBio para ampliar a súa masa crítica e afianzar o posicionamento do sector biotech da Eurorrexión de cara á futura creación do Polo Ibérico de Biotecnoloxía. O proxecto estenderase até xuño de 2023 e conta cunha dotación total de 381.400 euros.
Fonte: Bioga