Arranca en Lleida a primeira planta do mundo que combina enerxía solar e biomasa

A semana pasada quedou inaugurada en Les Borges Blanques (Lleida) a primeira instalación termosolar no mundo que combina tecnoloxía solar e biomasa. A posta en marcha desta planta pioneira participada por Abantia (47,5%), Comsa Emte (47,5%) e o Institut Català d 'Energia (5%) supón unha revolución no ámbito das enerxías alternativas, xa que ofrece unha xeración continua de enerxía 100% renovable.

n
n

nJoan Gummà, presidente de Termosolar Borges, insistiu en que "a hibridación é o futuro nas enerxías renovables" e asegurou que "este modelo de produción de enerxía se converterá nun referente de futuro".
n
nMáis de 153 millóns de euros e entre 150 e 450 persoas en función da fase de creación foron necesarias para poñer en marcha este ambicioso proxecto que prevé ofrecer unha produción continua de enerxía renovable de 98.000.000 de KWh ao ano, o equivalente ao consumo medio de 27.000 fogares españois. A produción deste tipo de enerxía limpa supón un aforro de 24.500 toneladas anuais de dióxido de carbono (CO2), cantidade similar a retirar da circulación preto de 100.000 vehículos durante todo un ano.
n
nActualmente, son 40 as persoas que se atopan empregadas na explotación da planta e uns 50 os asociados á extracción e transporte da biomasa. Un material de orixe forestal que provén dos bosques que se atopan nun radio aproximado de 80 km da planta. O consumo previsto de biomasa ao ano estímase en 85.000 toneladas.
n
nSegundo Manel Molins, director xeral da Termosolar Borges: "As 96 hectáreas da termosolar son unha grande aposta pola enerxía limpa. Les Borges Blanques é unha das zonas de Cataluña e do norte de España con máis horas de irradiación solar. Isto permítenos combinar dúas tecnoloxías renovables e continuar coa xeración eléctrica máis alá das horas de sol, algo pioneiro no mundo".
n
nMaior aproveitamento da enerxía
n
nO modelo de hibridación permite unha xeración continua de enerxía, que se obtén de diferente forma segundo a hora do día, o parte meteorolóxico e a estación do ano. Esta instalación só deixa de funcionar as noites de verán, para non superar a cota de queima de biomasa que establece a normativa vixente.
n
nOs 2688 colectores cilindro-parabólicos -de 5,5 m. de diámetro e 12 m. de lonxitude cada un-, oriéntanse automaticamente en función da hora e a estación do ano, para captar a enerxía durante as horas de sol. Cando o aceite sintético que se atopa baixo os colectores alcanza os 393°C, chega ao bloque térmico que evapora auga para producir vapor a alta presión que unha vez turbinado xera a enerxía eléctrica.
n
nDurante as horas de menor radiación solar, así como durante a noite, a produción de enerxía compleméntase coa instalación de biomasa, subministrada principalmente con biomasa forestal e proveniente de cultivos enerxéticos. O gas natural, a diferenza do resto de plantas termosolares no mundo, só se utiliza de forma residual, como recurso de apoio en postas en marcha.
n
nEste proxecto súmase á ampla experiencia que tanto Abantia como COMSA EMTE posúen no terreo da promoción e construción de instalacións de xeración de enerxía en réxime especial e renovables, nos campos de tratamento de zurros con coxeración asociada, biogás, enerxía fotovoltaica e enerxía eólica.
n
n(Fonte: Innovaticias)

n