Aptis, o novo concepto de mobilidade urbana que chegará a España

En Europa, as políticas nacionais fomentan a substitución dos autobuses diesel por vehículos propulsados por enerxías limpas. A demanda de sistemas de mobilidade libre de emisións vai en aumento. As proxeccións demográficas estiman que a poboación do planeta alcanzará os 9700 millóns de habitantes antes de 2050, o 70% dos cales vivirá en áreas urbanas.
 
Para mellorar o futuro da mobilidade, Alstom e NTL están a promover a transición cara a sistemas de transporte sustentables, mediante o desenfio e desenvolvemento de solucións ferroviarias respectuosas co medio. Agora, ambas as dúas empresas decidiron lanzar un novo vehículo, denominado Aptis, para complementar a súa carteira de solucións eléctricas de mobilidade urbana. España, entre os seus principais mercados.
 
Aptis deseñouse co obxectivo de ofrecer ás cidades un novo sistema de transporte limpo e eficiente. Aplicando os coñecementos técnicos de Alstom e NTL sobre vehículos sobre pneumáticos, eixes, motores eléctricos e sistemas de tracción, o proxecto incorpora as vantaxes dun tranvía a un autobús, para mellorar a experiencia do pasaxeiro e a operación. É a primeira vez que ambas as dúas empresas se diversifican cun produto noferroviario, que complementará a súa carteira de solucións para proporcionar aos clientes toda unha gama de sistemas de transporte urbano eléctricos e sustentables.
 
“Con ventás panorámicas en ambos os dous extremos e a zona de asentos na parte traseira, Aptis ofrece aos pasaxeiros unha vista única de 360° da cidade, cun 20% máis de superficie acristalada que os autobuses tradicionais”, destaca Benjamin Bailly, director de autobuses eléctricos de Alstom. A proposta fíxolle a Alstom e NTL gañadoras do Premio de Innovación Busworld 2017.
 
Os operadores de transporte urbano beneficiaranse dun vehículo de fácil mantemento coa maior vida útil da súa categoría. Ademais, con catro rodas direccionais fronte ás dúas que levan os autobuses tradicionais, Aptis reduce nun 25% a superficie ocupada nas manobras en curva e intégrase perfectamente nas cidades. Estas prestacións tameÏn son vantaxosas nas paradas, xa que se reduce ao mínimo o espazo necesario para a aproximación ao estacionamento, gañando espazo de aparcamento para outros usuarios.
 
Polo momento, o novo autobús atópase circulando en fase de probas en París, pero espérase que nos próximos meses chegue tamén a Alemaña, Bélxica, Países Baixos e tamén a España –da man de Alstom España, o segundo maior empregador do sector do transporte ferroviario no país–, onde existe unha crecente demanda de medios de transporte intelixentes, eficientes e conectados. Estímase que en 2025 a demanda de autobuses eléctricos alcance as 7000 unidades anuais en Europa (fronte aos 150 previstos para 2018).
 
(Fonte: Innovaspain)