APTE renova o convenio co Ministerio de Industria para a edición 2011 do proxecto COPIT

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) renovou por segundo ano consecutivo o convenio de colaboración entre o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Coordinadora Española de Polígonos Industriais (CEPE), a Escola de Organización Industrial (EOI) e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA) para o desenvolvemento do programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT).

n

O proxecto COPIT, coordinado por Tecnópole en Galicia, é unha iniciativa posta en marcha en 2009 para promover a colaboración empresarial e mellorar a competitividade das entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos e as entidades dos polígonos industriais.

n

 

n

Entre as principais actividades previstas para este ano figuran a promoción da cooperación empresarial a través da Rede de Cooperación Empresarial que xestiona APTE (http://rce.apte.org) e a través do desenvolvemento de xornadas e encontros empresariais que contasen coa participación de CEPE e a rede de técnicos dos parques, e tamén a de facilitar a subministración de servizos de competitividade ás empresas de parques e polígonos mediante a web COPIT (http://www.copit.es).

n

 

n

No ano 2010 participaron no programa 28 parques científicos e tecnolóxicos e 50 polígonos, o que derivou en 504 alertas de colaboración empresarial. Ademais organizáronse 43 encontros empresariais nos que participaron 985 entidades de parques e polígonos e que xeraron 842 encontros bilaterais. Igualmente, sumáronse á RCE 725 empresas de polígonos, alcanzando unha cifra de máis de 4480 empresas inscritas.

n

 

n

A experiencia de Tecnópole como coordinadora do programa en Galicia viuse avalada en 2010 pola súa selección como caso de éxito de 2009 a nivel estatal. Por este motivo, representantes do Parque Tecnolóxico de Galicia e do Polígono Industrial de Sabón (Arteixo, A Coruña), primeiro recinto industrial colaborador na comunidade, presentaron en xullo en Madrid o desenvolvemento e os resultados das actividades levadas a cabo na primeira fase.

n

 

n

(Fonte: APTE e Tecnópole)

n