APTE presta soporte ás empresas dos parques tecnolóxicos para asistir ao Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación

A segunda edición de 'Transfiere', Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos de Málaga o 13 e 14 de febreiro de 2013.

n
n

n'Transfiere' creouse para xerar e difundir coñecemento como actividade esencial para o progreso da sociedade española e a súa converxencia no ámbito internacional, e constitúe un espazo único para fomentar a transferencia e a cooperación entre o ámbito científico e o sector empresarial.
n
nA primeira edición de 'Transfiere', celebrada en 2012, congregou a máis de 1200 profesionais, procedentes dos ámbitos universitarios -360 grupos de investigación de 36 universidades- e empresarial, cuxa interacción xerou 2500 citas nun tempo record de 14 horas. Ademais, conta cun apoio unánime das administracións públicas central, autonómica e local, así como do sector universitario e das distintas patronais que engloban aos sectores profesionais representados.
n
nA Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que Tecnópole pertence, ten un papel destacado na convocatoria de empresas e institucións que participan en Transfiere. A ferramenta para a inscrición neste evento está aberta en http://agenda.forotransfiere.com.
n
nApoio para a participación en Transfiere
n
nAPTE é entidade colaboradora deste evento, polo que disporá dun stand durante os dous días e que estará a disposición de todos os membros da Asociación.
n
nAsí mesmo, dispón de 6 speaker corners para facer presentacións de 10 minutos durante o día 13 de febreiro de 16:00 a 17:00 horas, no que os 6 primeiros parques membros de APTE que o soliciten poden intervir.
n
n(Fonte: APTE)
n

n