APTE presenta un novo servizo de asesoramento para empresas

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) puxo en marcha recentemente un novo servizo para empresas denominado Oficina Virtual de Asesoramento Empresarial (OVAE), servizo que ofrece asesoramento profesional para pemes pertencentes a parques científicos e tecnolóxicos de España, así como empresas situadas en polígonos industriais e outros ámbitos.

n
n

 

n

Con este servizo preténdese mellorar a competitividade das empresas a través da transferencia de tecnoloxía, brindando solucións e facilitando o acceso a servizos profesionais.

n

 

n

Este servizo púxose en marcha co apoio do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e unha das características destacadas desta oficina é o seu carácter virtual, onde as tarefas de asesoramento se desenvolven vía online.

n

 

n

Os principais servizos que ofrecerá a oficina son a análise de necesidades tecnolóxicas e propostas de melloras; a posta en contacto con posibles provedores e con instrumentos de financiamento especializados en PEMES; a busca de socios para proxectos en cooperación de axudas nacionais e internacionais; o asesoramento en tramitación para a constitución de empresa; a información sobre normas de interese de carácter estatal ou autonómico que se publiquen nos diarios oficiais e sobre convocatorias de axudas públicas autonómicas e nacionais, sobre normativa comunitaria de axudas á I+D+i e sobre eventos de cooperación empresarial e transferencia de tecnoloxía; ademais do apoio para a posta en marcha de novos proxectos de parques.

n

 

n

Con este novo proxecto, a APTE reforza o seu obxectivo de fomentar a transferencia de tecnoloxía e coñecemento entre empresas.

n

 

n

Na páxina web da APTE, dentro dos servizos das asociación, hai un apartado exclusivo da OVAE, onde se atopa a información básica sobre os servizos que ofrece e os datos de contacto da oficina.

n

 

n

(Fonte: APTE)

n