n
n
A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a Associação Portuguesa de Parques de Ciência e Tecnologia (Tecparques) asinaron un convenio de colaboración que permitirá desenvolver un programa de actividades conxuntas entre as dúas asociacións destinadas á promoción dos parques e as empresas adheridas a eles que se sitúan tanto en Portugal coma en España.
n
n
n
n
n
n
Entre as actividades previstas no convenio prevese a promoción dos Encontros Ibéricos e facelos extensibles aos parques situados en América Latina; promover as accións de softlanding empresarial en ambos os dous países , e a creación dunha antena tecnolóxica de cada asociación no país veciño. Estas son algunhas das medidas propostas no convenio para fortalecer as relacións entre ambos os dous países e promover a internacionalización.
n
n
Os Encontros Ibéricos son unha iniciativa de APTE e Tecparques que xorde en 2002 como medida de fomento da innovación e o desenvolvemento nos parques científicos e tecnolóxicos de España e Portugal. Trátase dunhas xornadas nas que se abordan as políticas, as medidas de financiamento e as perspectivas de desenvolvemento empresarial en ambos os dous países. Así mesmo, na última edición do Encontro Ibérico celebrado en Madrid en outubro do ano pasado, tamén se aproveitou a ocasión para organizar un encontro de transferencia de tecnoloxía entre empresas lusas e españolas co obxectivo de fomentar a súa internacionalización.
n
n
A sexta edición do Encontro Ibérico terá lugar esta vez en PARKURBIS – Parque de Ciência e Tecnologia da Covilhã (Portugal), o próximo mes de setembro, no que tamén se organizará un encontro de transferencia de tecnoloxía entre empresas españolas e portuguesas.
n
n
O acordo, asinado polo presidente de APTE, Felipe Romera, e o seu homólogo portugués, Antonio Tavares, xorde tras a sinatura en 2002 do Protocolo de Lisboa, polo cal ambas as dúas asociacións se comprometeron a poñer en marcha mecanismos de cooperación institucional para promover actividades conxuntas, dada a proximidade xeográfica entre ambos os dous países, tanto a nivel cultural como lingüístico.
n
n
(Fonte: APTE)
n
n
n
n