APTE e Fundetec ofrecerán asistencia personalizada ás pemes en materia de propiedade intelectual

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) e a fundación Fundetec asinaron un convenio de colaboración para desenvolver conxuntamente un programa de accións destinadas a informar e ofrecer asistencia personalizada en materia de xestión de dereitos de Propiedade Industrial ás entidades e pequenas e medianas empresas vinculadas aos parques adheridos á Asociación, como é o caso de Tecnópole.

n
n

 

n

No marco desas accións está prevista a organización de encontros de sensibilización sobre patentes e marcas e divulgación sobre as axudas e subvencións existentes neste ámbito, así como a realización de cursos online titorizados, entre outras medidas de apoio ás pemes interesadas en coñecer como protexer as súas innovacións.

n

 

n

O convenio enmárcase na iniciativa que mantén a Fundación xunto coa Dirección Xeral de Política da PEME (DGPYME) do Ministerio de Industria e a Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM) co obxectivo de dar a coñecer www.cevipyme.es, o centro virtual de apoio á pequena e mediana empresa en xestión de Propiedade Industrial, onde os interesados poden coñecer as opcións que mellor se adaptan ás súas necesidades para a protección dos seus desenvolvementos innovadores, así como o xeito máis eficaz de xestionalos e rendibilizalos unha vez obtidos e rexistrados os dereitos correspondentes.

n

 

n

(Fonte: APTE)