A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), á que Tecnópole pertence, e a Empresa Nacional de Innovación S.A. (ENISA) firmaron un acordo marco de colaboración con obxecto de aumentar as facilidades e mellora das condicións de financiamento das pemes españolas.
n
n
nMediante este acordo, ambas entidades colaborarán, entre outras actividades, no deseño de información para as empresas relacionadas co uso de novos instrumentos financeiros e detección de necesidades financeiras para as pemes; asesoramento mutuo en temas de financiamento empresarial; e desenvolvemento de actividades comúns para a promoción dos préstamos participativos entre as pequenas e medianas empresas.
n
nAsí mesmo, con obxecto de facilitar e dinamizar a captación de proxectos empresariais e ampliar o número de solicitudes de calidade, APTE actuará como canal de entrada de proxectos realizando unha análise previa destes antes da súa presentación a ENISA. Ademais, as dúas institucións colaborarán en proxectos de emprendeduría social.
n
nENISA
n
nENISA é unha empresa pública –dependente do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Dirección Xeral de Industria e da Pequena e Mediana Empresa– que, desde 1982, fomenta a creación, crecemento e consolidación da empresa española, participando activamente no financiamento de proxectos empresariais viables e innovadores e na dinamización do mercado de capital risco.
n
nAPTE
n
nA Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España creouse en 1988 como unha asociación sen ánimo de lucro cuxo obxectivo principal é colaborar, mediante a potenciación e difusión dos parques científicos e tecnolóxicos, á renovación e diversificación da actividade produtiva, ao progreso tecnolóxico e ao desenvolvemento económico. Actualmente conta con 77 parques membros repartidos por toda a xeografía española. 47 deles son parques Socios, é dicir, plenamente operativos, 29 son parques Afiliados que están en proceso de desenvolvemento, e por último 1 membro colaborador. Estes parques acolleron en 2011 un total de 6030 entidades que facturaron 23.254 millóns de euros. Estas empresas proporcionan emprego a máis de 154.000 persoas, das que 28.384 se dedican a tarefas de I+D.
n
n(Fonte: APTE)