APTE conecta as ofertas e demandas de colaboración entre empresas e entidades dos parques tecnolóxicos españois

A Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE) acaba de poñer en marcha un servizo online de intercambio de ofertas e demandas de colaboración procedentes de empresas e entidades situadas nos parques científicos e tecnolóxicos e na súa contorna.

O servizo está restrinxido á publicación de alertas relacionadas con actividades de investigación, innovación e desenvolvemento tecnolóxico. Para solicitar a difusión a través da web de APTE, só é necesario cubrir un formulario indicando os datos da entidade e a descrición da oferta ou demanda de colaboración.

O uso deste servizo é gratuíto e as alertas de colaboración de base científica e/ou tecnolóxica serán difundidas entre as empresas situadas nos parques científicos e tecnolóxicos membros de APTE.